Skip to Content

TENIS DE MESA 4ºEP NO PAVILLÓN PRÍNCIPE FELIPE

O mércores, 8 de maio acudíu o alumnado de 4º de educación primaria, xunto co alumnado do CEIP de Cabanas ao Pavillón do centro Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra.
Alí, da man dos adestradores do Club Tenis de Mesa Monte Porreiro tiveron unha xornada de multicompetición en equipos formados con membros de ambolos dois centros.
Para levalo a cabo dispuseron de vinte mesas o mesmo tempo.

Álbum: Curso 23-24 -> Tenis de mesa 4ºEP

LETRAS GALEGAS 2024

Chegou o día das Letras Galegas, este ano adicado a Luísa Villalta que foi unha profesora, escritora e violinista de moita importancia na defensa da lingua galega. Neste día entre caricaturas, cancións, poemas e a primeira entrega do podcast "larapetadas" a rapazada de Xeve conseguiu facer unha gran homenaxe. 

Álbum: Curso 23-24 -> Letras Galegas 2024

FONDO SOLIDARIO PARA LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2024/25

Segundo a ORDE do 7 de maio do 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2024/25, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:

  • Adquisición de libros de EP 1º e 2º
  • Material escolarde toda EP (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º)
  • Fondo de libros de EP 3º e 4º

Formas de presentación de solicitudes:

Só se presentará unha única solicitude para todos os irmáns que estean matriculados nun mismo centro educativo.

Excepto a presentación electrónica, 1 por cada alumno.

A solicitude é única, inclúe libros de texto e material escolar.

O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

O alumnado que actualmente cursa 6º de EP deberá entregar a solicitude xunto coa documentación requerida no IES elexido.

Documentación a presentar:

  • Fotocopia do libro de familia de todas as páxinas onde figure o nome de calquera dos membros da familia computables a 31 de decembro de 2021 (orixinal e copias).

Se é o caso:

  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador.
  • Certificado ou volante de convivencia
  • Grado de discapacidade.

 Horario de presentación de solicitudes no centro:

O horario será de 8:45 a 9:30 horas martes, mércores e venres.

 O alumnado poderá recoller o impreso en secretaría.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, desde a Biblioteca do cole achegámosvos unhas recomendacións lectoras en galego. Nos días de choiva un libro é un gran amigo, animádevos a ler!

Álbum: Curso 23-24 -> Recomendacións Letras Galegas

XORNADA INTERCENTROS DE MULTIXOGO 2º PRIMARIA CEIP AMOR RUIBAL.

O xoves 2 de maio o alumnado de 2º de primaria desplazouse ata o CEIP Amor Ruibal de Barro para compartir cos nenos e nenas deste centro dunha xornada de multixogos cooperativos.
Fixeron equipos mixtos dos dous centros e xogaron a “Pelar cebolas”, “Sacar o rabo”, “Cruzar a ponte”, “Meterse no aro” e “Remudas con colchoneta”.
O Pasarón realmente ben.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada Intercentros de Multixogos no CEIP Amor Ruibal con 2º de primaria.

SALVAMENTO ACUÁTICO 6º DE E. PRIMARIA. SESIÓN 1 E 2.

O 30 de abril recibimos no centro a David Bemposta, primeiro entrenador do Club de Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO) para impartir a primeiras sesión desta modalidade deportiva ao alumnado de 6º de educación primaria.
Esta sesión serviu de preparación para unha vindeira na piscina de Campolongo.

Sesión 2: O luns 6 de maio o alumnado de de 6º de primaria desplazouse ata as Piscinas Municipais de Campolongo para a segunda sesión de Salvamento Acuático. 

Fixeron diversas probas co material de adestramento desta modalidade deportiva e tiveron o se primeiro contacto con él no medio acuático.

 

NATACIÓN 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O xoves 25 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil desplazouse ata a Piscina Rias do Sur, en Pontemuiños para participar nunha sesión de iniciación á natación da man do Club Galaico Sincro.
Aprenderon a familiarizarse co medio acuático, a flotar e a desplazarse pola auga.
Algúns incluso se atreveron a mergullarse dendê o borde da piscina.
Pasárono moi ben e gustoulles moito.

Álbum: Curso 23-24 -> Natación 5º e 6º de infantil

CLASE DE TENIS DE MESA CON EL CLUB DE MONTE PORREIRO. 4º E.PRIMARIA

Judith Cobas e Cristofer Santiago, membros do Club Tenis de Mesa Monte Porreiro achegáronse o xoves 25 de abril ao noso centro para impartir unha clase de iniciación desta modalidade deportiva ao alumnado de 4º de educación primaria.
Unha sorte poder ter esta experiência con estes campións !!
A sesión serviu de preparación para unha próxima visita o seu centro de adestramento no Príncipe Felipe.

 

XORNADA INTERCENTROS NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA. 3º E 4º E. PRIMARIA.

O martes 23 de abril o alumnado de 3º e 4º de primaria achegouse ao Pavillón Multiusos de A Xunqueira en Pontevedra para participar nunha xornada Intercentros.
Xunto co alumnado dos outros colexios da contorna practicaron rugby cinta, balonmán, baile, xogos tradicionais e RCP (reanimación cardiopulmonar).
Contamos coa colaboración do S.D. Teucro, a Escola de Enfermería, o Pontevedra Rugby Club, a escola de baile PonteBaile de Adrián Esperón, o alumnado do Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS), Supermercados Froiz e o Servizo Provincial de Deportes.

 

PIRAGÜISMO DRAGÓNS 6º EP NO PONTILLÓN DO CASTRO.

O 18 de abril o alumnado de 6º de primaria achegouse ao encoro dó Pontillón do Castro, en Verducido para ter unha xornada de piragüismo na modalidade de Dragóns    Foi impartida por mestres da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, dentro do programa de colaboración do Servizo Provincial de Deportes co CFR de Pontevedra.

Álbum: Curso 23-24 -> Piragüismo Dragóns 6º no Pontillón do Castro
Distribuir contido


by Dr. Radut