Skip to Content

VISITA DO CLUB DE PIRAGÜISMO VERDUCIDO

O martes 24 de outubro visitaron o centro membros do Club Piragüismo Verducido para dar unha charla sobre este deporte ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

Álbum: Curso 23-24 -> Visita Club de piragüismo Verducido

CHARLA INFORMATIVA PARA FAMILIAS

O vindeiro 7 de novembro ás 17:00 horas, realizarase no colexio unha charla informativa para familias sobre ciberseguridade, protección de datos e adicción aos videoxogos. Esta estará impartida pola Policía Nacional. Animádevos a participar! Podedes inscribirvos no seguinte enlace

TRIATLÓN

Recibimos moitas imaxes dos nenos e nenas que acudiron a ver o triatlón a Pontevedra, aquí tedes algunhas delas.

Álbum: Curso 23-24 -> Triatlón

CROSS ESCOLAR

Hoxe, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou en Pontevedra nunhas xornadas de CROSS ESCOLAR. Algúns e algunhas dos nosos alumnos e alumnas acadaron moi bos postos na clasificación!

Ademais, a pesares do día de calor, disfrutaron moito da experiencia!

Álbum: Curso 23-24 -> Cross Escolar

VISITA DA SOCIEDADE DEPORTIVA TEUCRO

O martes 19 de setembro visitáronnos dous xogadores do primeiro equipo da Sociedade Deporiva TEUCRO de Pontevedra, Rhuan Marchette e Caue Herrera, os cales competirán esta tempada na Primeria Nacional. 

Impartiron tres sesións de iniciación ao balonmán a 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria e animáronnos a coñecer as súas escolas deportivas. 

Álbum: Curso 23-24 -> Balonmán

INICIACIÓN AO ATLETISMO

Este curso comezamos xa con moitas actividades deportivas! O 12 de setembro achegáronse ao cole da Sociedade Gimnástica de Pontevedra para impartir unha sesión de iniciación ao atletismo e dar a coñecer as súas escolas de atletismo ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. 

Álbum: Curso 23-24 -> Iniciación Atletismo

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Convócase Asamblea Xeral Ordinaria a celebrar o vindeiro día 6 de outubro de 2023 ás 20:15 horas en primeira convocatoria e ás 20:45 horas en segunda convocatoria no local da ANPA situado a carón do comedor escolar do citado Centro.

"OLÍMPICOS DE XEVE"

Esta fin de semana celébrase en Pontevedra a Gran Final das Series Mundiais do Triatlón! Como este curso a temática do proxecto do centro será "Olímpicos de Xeve", cremos que acercar aos nenos e nenas a este gran acontecemento pode ser un elemento moi motivador! Así que animámosvos a ir e disfrutar en familia! 

INFORMACiÓN EDIXGAL

Preme na imaxe para ver a información relativa ao programa EDIXGAL e o seguro dos ordenadores do alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut