Os cursos de 3º e 4º visitamos os petróglifos de Salcedo. Tivemos a sorte de contar cun experto na materia como é o arqueólogo Rafael Quintía que nos ensinou o gran número de petróglifos que hai nesa zona. Tamén contounos lendas sobre as mouras que trataban de explicar estas curiosas marcas nas rochas. Despois visitamos un poboado neolítico que simulaba a perfección como vivían fai tantos e tantos anos. Foi unha experiencia moi interesante.