Skip to Content

DÍA DA PAZ

Xuntámonos todo o cole para celebrar o día da paz. Este ano facendo xogos coperativos demostrando que xuntos pódese facer do mundo un lugar mellor. Aproveitamos para relacionarnos cos nenos e nenas de todos os cursos e o pasamos moi ben. 

Álbum: Curso 23-24 -> Día da paz

SAÍDA AO TEATRO E EXPOSICIÓN "PICASSO PROTAGONISTA"

O pasado mércores o alumnado de 5º e 6º de primaria fixo unha saída doble. Por unha banda pudemos  ver unha obra de teatro "Help! Truble in the jungle." íntegramente en inglés e ao rematar e repoñer forzas, visitamos a exposición "Picasso protagonista" na sala de exposicións de Afundación. Fixemos un obradoiro moi divertido interpretando a obra de este autor. 

Álbum: Curso 23-24 -> Teatro Inglés e exposición Picasso 5º-6º

XORNADA INTERCENTROS 5

O mércores, día 25 de xaneiro visitaron o noso centro o alumnado de 3º de primaria do CEIP Froebel, para participar nunca xornada deportiva co noso alumnado de 3º e 4º de primaria.
Practicaron deportes alternativos (floorball, kickball e pelota canadiense) e tamén atletismo.
Foi unha moi boa xornada de convivencia.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada Intercentros 5

CROS PROVINCIAL

O día 1 de febreiro celebrouse na Azucareira de Barro o campionato provincial de cros por equipos do programa de deporte envidase escolar de Xogade.
O alumnado de 2º de primaria do noso centro acudiu a cita por estar clasificado.
Compartiron unha estupenda xornada con preto de veinte colexios, e acadaron un meritorio terceiro posto individual femenino con LIDIA LAREDO RODIÑO.

Álbum: Curso 23-24 -> Cros Provincial

VISITA CLUB DE TENIS PONTEVEDRA

O xoves 25 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de educación primaria recibiu unha clase tenis por parte de dous profesores do Club de Tenis Pontevedra.
Practicaron os golpes básicos de dereito e de revés, e diversos xogos.

Álbum: Curso 23-24 -> Visita Club de tenis

SAÍDA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA.

O pasado martes 23 o alumnado de 5º e 6º tivemos a sorte de visitar os museos científicos da Coruña. 

Foi un día moi intenso no que pudemos ver a Domus, o Acuario, o Planetario e o Museo das ciencias. 

Aprendimos moito e o pasamos súper ben!

Podes ver todas as fotos na galería. 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE AS PANTALLAS

Dende a Agencia Española de Protección de Datos e o Instituto Nacional de Ciberseguridade de España facilítanos unha serie de documentos con información moi interesante sobre o uso dos dispositivos móbiles.

1. Guía do móbil para as familias

2. Infografía sobre a responsabilidade dos menores

3. Plan dixital familiar

 

Esperamos que sexan do voso interese.

OBRADOIRO DO NADAL 2023

Aquí unha mostra da creatividade navideña da nosa rapazada. Foron uns obradoiros moi entretidos dos que aprendemos da man dalgunhas familias que colaaboraron con alegría.

Álbum: Curso 23-24 -> Obradoiros do Nadal

XORNADA INTERCENTROS 4

O mércores 13 de decembro recibimos ao alumnado de 5º de primaria do ceip Isidora Riestra de Poio para participar co alumnado do noso centro nunca Xornada de convivencia deportiva más modalidades de deportes alternativos e Carreira de orientación.
Todos se esforzaron moito e o pasaron moi ben.
Ata a próxima.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada Intercentros 4

FELICES FESTAS

Queridas familias:

Xa rematado o primeiro trimestre, queremos desexarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO 2024! E, que mellor forma, que facelo coa postal gañadora no reto mensual de Larapeto. Noraboa Roque! 

FELICES FESTAS! Vémonos á volta!

Distribuir contido


by Dr. Radut