Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Desde o EDLG invitámosvos a disfrutar deste vídeo feito coas achegas do alumnado de tódolos niveis educativos.

DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA MACHISTA

Na aula de 4º B comezamos a traballar a fondo a violencia de xénero. A situación actual desta lacra é moi grave e todos necesitamos traballar para erradicala.

Ademais, traballamos que tipos de violencia existen. Sabemos por que se celebra o 25-N e imos facer un glosario na nosa aula virtual con palabras relacionadas coa violencia.

Velaquí o mural que realizamos analizando e creando diferentes lemas que se empregan no 25-N.

AS BOAS NOVAS DOS NEN@S DE 6º DE E. INFANTIL (5 ANOS) DO CEIP PLURILINGÜE SAN ROQUE DE DARBO

A residencia Domus Vi felicita aos alumn@s  de 6º de E. infantil da promoción 2019-2020, ás súas mestras  e, ao Colexio  Plurilingüe  San Roque de Darbo en xeral, por  ese gran  traballo  que han realizado para todos  os nosos maiores de DomusVi Cangas.

Facendo clic nas imaxes podes acceder a toda a información.

DOMUSVI

 

ASPAMSIM 

 NORABOA A TODOS E TODAS!!!

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21

Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

 

O centro educativo encargarase de informar a través de Abalar como e cando se distribuirán as máscaras.

 

 

MENÚ DO COMEDOR: NOVEMBRO

ACCESO AULA VIRTUAL 4ºA

Na uala virtual de 4ºA están colgadas unha serie de tarefas por días.

O alumnado non fixo aínda prácticas na aula, pero coa colaboración da familia seguro que consiguen entrar.

Pa ra poder entrar na aula hai que ir a páxina web do centro e facer clic na pestana que pon AULA VIRTUAL (PARTE ESQUEDA SUPERIOR).

Unha vez entrado na aula, na parte superior dereita hai temos "ACCEDER", QUE SERÍA NOVAMENTE DONDE TERIAMOS QUE ENTRAR PARA COLOCAR O USUARIO E CONTRASINAL.

iNICIALMENTE SERÁN OS SEGUINTES:

USUARIO: nome.apelidos

CONTRASINAL: changeme

Colocados estes ítems, habería que cambiar o contrasinal, que debería ser un fácil de recordar para o alumnado e que deberán anotar na súa axenda.

Poden facer as actividades propostas en calquera libreta se non teñen o material das áreas.

Ánimo !!!!!

FAGAN CLIC NO DOCUMENTO ADXUNTO PARA VER AS IMAXES DE ACCESO.

 Calquera consulta non dubiden en chamar.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓNS DE CONTACTOS ESTREITOS CON POSITIVO COVID

Informar que as persoas que poidan estar afectadas por un posible contacto estreito con positivo en COVID están informadas do protocolo a seguir. Se non hai comunicación por parte do Equipo Covid á familia non deben alarmarse, e seguiran desenvolvendo as súas actividades con normalidade cumprindo unicamente as normas sanitarias decretadas para a poboación en xeral.

Fagan clic no documento adxunto para obter imáis nformación.

 

ANPA: XORNADAS DE IGUALDADE

Dende a ANPA do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo informan das xornadas da igualdade que se celebrarán nos meses de outubro e novembro do 2020.

Adxuntamos arquivos con información detallada.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut