Skip to Content

Outras

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

O pasado mércores 4 de outubro, Día Mundial dos Animais, o colexio levou a cabo unha campaña de recollidade comida e outras cousas necesarias para as asociacións de animais do Morrazo. Dende o Equipo de Biblioteca e en nome de todo o colexio queremos agradecer tan boa acollida, á vista está que a implicación foi enorme. Grazas pola vosa solidariedade.

      

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

O día 4 de outubro, Día Mundial dos Animais, o Equipo de Biblioteca levará a cabo unha actividade solidaria.
O alumnado que queira participar deberá traer algún dos produtos indicados (comida para gatos ou produtos de limpeza: lixivia, friegasuelos, vasoiras...)  para a protectora do Morrazo ou Colonias Canguesas e, a cambio, escollerá un libro para levar a casa. A actividade está deseñada para facer un servizo á comunidade e, á súa vez, darlle unha nova vida a aqueles libros que foron descatalogados na biblioteca.

A actividade levarase a cabo na semana do 2 ao 6 de outubro.

Agradecemos a vosa colaboración.

LETRAS GALEGAS 2017

Este ano as letras galegas adicáronse ao escritor Carlos Casares.
Dende a biblioteca fixémoslle esta homenaxe coa participación de todo o alumnado.

CARLOS CASARES 2017

 

(Este vídeo e outras actividades podedes consultalas tamén nos blogues de biblioteca e normalización lingüística)

PROXECTO DE CENTRO " Voando vou...voando veño"

 

 

Como proxecto de centro, este ano fíxose unha montaxe, coa participación de todo o alumnado, da obra representada no auditorio polo alumnado de 6º curso e o resultado foi este. Disfrutadeo.

(Premer sobre a imaxe)

proxecto de centro

 

(Este vídeo e outros tamén poderedes consultalos nos blogues de biblioteca e normalización lingüística)

Meiga

Distribuir contido


by Dr. Radut