A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesionale e Universidades lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica, aberto ao público en xeral, e especialmente dirixido á comunidade educativa e aos docentes en particular. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas en torno á tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.
A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxía é motivo de debate no ámbito do ensino, e de especial interese para as familias. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.
Desenvolveranse charlas de hora e media de duración, de 18:00 a 19:30, e poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia en Santiago de Compostela, ou ben tamén na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.