Skip to Content

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024

 

(Código procedemento ED330B)

 

Está aberto o prazo desde o día 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023 (inclusive)para solicitar:

 

  • Fondo solidario de libros de texto:alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO. Os/As alumnos/as de 5º e 6º de E. Primaria participan no Proxecto Edixgal, polo que quedan excluídos do fondo solidario ao empregar material dixital.
  • Axudas para adquirir libros de texto:alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar:alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.

 

Forma de presentación:

Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telematicamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

IMPORTANTE: Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

Podedes descargar aquí os Anexo I e Anexo II

Non esquezades cubrir e asinar as dúas táboas do Anexo II (son táboas diferentes).

Ante calquera dúbida, podedes chamar á secretaria do centro 886 120 954.

Máis información:

 

  • ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). Enlace
  • Manual de usuario para os cidadáns: enlace

 

 

AdxuntoTamaño
ANEXO I.pdf1.61 MB
ANEXO II.pdf990.25 KB
AXUDAS 23-24.png156.31 KB


page | by Dr. Radut