Skip to Content

3 anos

Grafomotricidade!

Estreamos as novas fundas para traballar a grafomotricidade e foi todo un éxito! O que máis lles gustou foi que poden borrar e volver a trazar as liñas co rotulador!! 

 

 

 

 

NACERON AS CABACIÑAS!!!

Naceron algunhas plantas das cabaciñas. Agora temos que regalas para que medren moito.

ÁLBUM DAS FAMILIAS

Xa rematamos o álbum das familias!!!

 

 

ENCÁNTALLES!!!

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro.

 

 

DISFRAZÁMONOS DE PALLASOS

Rematamos o Entroido disfrazándonos de pallasos.

Parabéns!!!!

A semana pasada a nosa compañeira A cumpriu 4 anos! E hoxe cantámoslle e bailamos a canción "Parabéns" do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona!!!!

Moitos parabéns!!!!!

 

FELIZ ANIVERSARIO PEDRO!!!

Pedro cumpriu hoxe 4 anos!!

 

 

FELICIDADES!!!

Propostas de Entroido!

Estas son algunhas das propostas que fixemos para celebrar o entroido. 

Lemos o conto "La máscara del león" e pintamos a nosa propia máscara do protagonista do conto! 

 

E elaboramos uns antifaces coas nosas mans! Picamos os ollos co punzón e logo decorámolas con pintura 3D, purpurina e pegatinas de diversas formas!!! 

 

 

 

 

Quedaron ben bonitas!!!

E a proposta mais simpática e divertida foi a seguinte!

Tiveron que decorar a súa propia foto!! Esta actividade foi todo un éxito!!!!

 

 

 

 

E tamén sacamos unha foto dos disfraces cos que cada neno/a veu disfrazado ao cole!! Como nos gusta o Entroido!!!!

 

XA TEMOS NOME PARA A AULA!!!

Éramos a única clase de infantil que non tiña nome e hoxe decidimos escoller un  para a nosa aula! Pero a elección tiña que ser democrática, para iso, presenteilles unha ducia de posibles nomes: golfiños, tartarugas, gatiños, bolboretas,... e deille a cada un unha ficha, que tiñan que colocar na imaxe que máis lle gustase.

 

 

O que máis votos recibiu foi gatiños, con 3 votos. Para cerciorarme de que ese era o favorito, fixemos unha segunda votación cos catro máis votados. 

Pitiños levou 3 votos.

Osiños tamén 3.

Golfiños outros 3.

Gatiños levou 5 votos.

 

Xa temos un gañador!! Está claro que gatiños é o favorito!!

A partires de agora imos ser a aula dos

GATIÑOS/AS

 

PUZZLE DO SEU NOME

Para que aprendan o nome elaborei un puzzle para cada neno/a co seu nome . Aos que teñen o nome curto foille moi fácil facelo, os que o teñen longo deben practicar máis.

Distribuir contido


by Dr. Radut