A clase dos/das gatiñ@s tamén comezou o proxecto do mar! Como elemento motivador utilizamos o conto “El pez arco iris”.
Logo, preguntámonos que sabíamos do mar e os peixes e, tamén, o que nos gustaría coñecer. Uns querían saber como son as estrelas de mar, outros sobre medusas, baleas, quenllas, etc.
A curiosidade sobre este tema é enorme! Temos moito que investigar…
Esta semana estivemos vendo e xogando co material que trouxeron da casa. Tamén fixemos na mesa de actividades una pequeña praia, con area e cunchas que trouxeron da casa.