Skip to Content

3 anos

Actividades co nome!

Temos novo material de aula para traballar o nome e a motricidade fina! Son tarxetas individuais co nome de cada neno/a, onde teñen que identificar cada unha das letras do seu nome e colocar a pinza coa letra correspondente. 

 

 

 

 

Sementamos leitugas!

O mestre Xulio trouxonos sementes de leituga para plantar na clase! 

Se o tempo o permite sairemos á horta a plantar máis cousiñas! 

 

 

 

 

CLASIFICAMOS

Aproveitamos as tapas dos iogures para clasificalas por cores.

 

GRAFOMOTRICIDADE

Os/as gatiñ@s tamén temos fundas novas para traballar a grafomotricidade!!  Con elas conseguimos que realizar o trazo sexa máis motivador e, ademais, aforramos un montón de papel.

 

 

DESPEDÍMONOS DE ICÍA!!!

Hoxe, Icía rematou o seu período de prácticas. Dános moita pena que se marche pero ten que acabar o curso na universidade. Agasallounos cun regaliño para cada gatiñ@ e un conto para a aula. Nós tamén tivemos un detalliño para ela e, ademais, MOITOS DEBUXOS.

Icía, esperámoste para o vindeiro curso!!

8 M: DÍA DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día da Muller. Para conmemoralo os/as gatiñ@s escribiron nun lazo o nome da muller máis importante para eles /elas, a maioría foron as mamás pero houbo algunha avoa e tamén irmá. Eses lazos colgámolos hoxe no soportal de infantil.

A profesora Mónica contounos que foi xogadora do Deportivo feminino e ensinounos a súa vestimenta e unha das copas que gañou. Tamén leunos un conto titulado “Las chicas también...¡PUEDEN! Despois, xogamos ao fútbol no patio.

FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO!!!

TRABALLAMOS CO NOME PROPIO!

Esta semana estivemos a traballar de moitas formas o nome propio. Xogamos cos crebacabezas dos nomes, 

 

 

con papel charol de cores decoramos a inicial de cada un, 

 

 

con selos de diferentes formas decoramos cada unha das letras que compoñen os nosos nomes, 

 

 

 

e para rematar, escribimos o nome con selos de letras!!!!!

 

 

e aínda temos algunha proposta

máis para seguir traballando o nome propio!!!

Boa fin de semana familias! 

Iniciámonos coas tesoiras

Iniciámonos coas tesoiras cortando flocos en papel continuo. Logo, recortamos arredor dun folio.

Sorprendeume gratamente o ben que o fixeron!! 

 

CONTACONTOS: LEOTOLDA

Hoxe a profe Nati contounos o conto de Leotolda. É un conto moi bonito que, ademais,  ten unhas cores fosforescentes que quedan moi intensas coa luz dunha lanterna.

@s gatiñ@s tamén debuxaron a Leotolda. Só sabían que era redonda e tiña moitas cores.

 

 

 

COPO DE NEVE

Como colofón do inverno fixemos copos de neve con sal.

Quedáronnos moi bonitos!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut