Skip to Content

6º Primaria

CINEMA NA ESCOLA 2022

O alumnado de 6ºA ven de participar coa curta "O neno novo" no concurso "Cinema na escola 2022" organizado polo Concello de A Coruña .

Os nenos e nenas foron os protagonistas, guionistas, actores e actrices, produtores... un traballo feito por eles e para eles.

Lembrar tamén, que este proxecto non sería posible sen a colaboración de Alejandra Aguirre do Proxecto MUSE, que formou ao alumnado en todo o relacionado co audivisual, e a titora Rocío.

Parabéns polo esforzo e o traballo ben feito.

PROXECTO SEMENTE 2022. CHEGOU O DÍA

Foron longos meses de traballo nas coperativas COOPXETAL e Vida Verde, pero todo esforzo ten o seu resultado.

O pasado venres 20 de maio pola tarde foi un día de festa e traballo para os nenos e nenas de 6º de Primaria. Desde a 16:30 ata as 20:30 estiveron vendendo os seus produtos, aceites perfumados, prantas de tomate ecolóxico, aromáticas, pendentes, xabóns...

Parabéns a estas rapazas e rapazes e tamén os seus titores, Xulio e Rocío!!!!

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Semente 2022

WE LIKE ENGLISH THEATRE

 

 

6º A e 6º B desfrutando do teatro en inglés. "Very funny".

CELEBRAMOS O ENTROIDO OLÍMPICO

Celebramos un Entroido olímpico coa nosa bandeira!!

 

ANIVERSARIO DE AINOA

 

Onte celebramos na clase o aniversario de Ainoa, 13 anos xa!!

Grazas, Ainoa, por convidarnos a unha tarta riquísima!!

EXPERIMENTOS

O alumnado de 6ºA continúa traballando a ciencia da mellor maneira posible, a través da práctica.

Desta volta lanzarán un ovo dende un segundo piso tentando que non rompa.

 

MERRY CHRISTMAS!!

Os alumnos e alumnas de 6º A e 6º B queren desexarvos un BO NADAL  a todos.!!

We have done this Christmas Card in our art class. Merry Christmas for all of you!!

COMO CONSTRUIR UN CIRCUITO ELÉCTRICO

O alumnado de 6ºA segue poñendo en prácticas os seus coñecementos científicos. Neste caso explícannos como construir un circuito eléctrico.

Primeiras conversas en Francés.

Pouco a pouco os rapaces e rapazas de 6º van collendo soltura co francés e xa son capaces de ter pequenas conversas entre eles.

Coma unha imaxe vale máis que mil palabras aí tendes un exemplo do seu bo facer.

 

Os cambios de estado e as mesturas.

A ciencia hai que vivila!!!!

Os rapaces e repazas de 6ºB puxeron en práctica o coñecementos aprendidos sobre a mistura de elemento e os cambios de estado da materia a través de experimentos.

Neste vídeo podemos ver o ben que o comprenderon e realizaron o experimento Ibrahima, Romeo e Matheus.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut