Skip to Content

4º Primaria

EXPERIMENTOS 4ºB

 

 

 

LYDIA BOTANA EN CONCERTO

 O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria asistiu o martes 20 de Novembro  a un concerto de Lydia Botana. O concerto desenvolvía, coa axuda da música, a importancia das distintas linguas e o vencellamento de cada pobo coa súa propia. Tamén trataba temas de discriminación e acoso escolar dun xeito moi adecuado a idade e características do público asistente. Os rapaces e rapazas desfrutaron e participaron activamente.

FACEMOS XABÓN

Os alumnos de 3º fan xabón con aceite de reciclaxe.

 

SAMAÍN DO COMERCIO

 

    O Concello organizou unha actividade  pola celebración do Samaín  na que participaron os grupos de terceiro do Centro. Consistiu nun obradoiro  no que elaboraron disfraces de esqueletos e un estandarte. Ademais explicáronlle aos rapaces/as en que consiste a festa do Samaín e cales son as súas orixes e tradicións.

    Despois, recorreron os establecementos comerciais participantes da rúa Barcelona, dos que recibiron castañas e algunha que outra “chuche”.

 

 

    O 31 deste mes haberá un desfile chamado Procesión da Santa Compaña, a partires das 17:30 onde participarán todos os grupos. Para finalizar cunha gran festa do Samaín, que  terá lugar ao finalizar dita procesión, na Praza de María Pita, onde se entregarán 3 premios de 1.500€ cada un aos mellores grupos.

 

 

SAMAÍN

O ROTEIRO DE 3º A

A nosa primeira saída foi facer un "roteiro" polo noso barrio. Fixemos un percorrido por: 

  • Centro cívico de San Pedro de Visma.
  • A igrexa.
  • Academia de Kung-Fu ( o mestre Sifú explicounos que quería dicir "facer as cousas ben").
  • Parada na praza dos Pescadores.
  • Visita  ao Ágora (onde teñen moitos libros con moita información).

E, por último... botamos un globo sonda no observatorio.

Chegamos moi cansos.... pero pasámolo moi ben.

TRUCO E TRATO

Os alumnos de 3º B, organizado polo Concello, disfrazámonos e percorremos os comercios das rúas Villa de Negreira e Barcelona,facendo " Truco e Trato". Viñemos con lambetadas, castañas e ata un libro por alumno, que nos deron os comercios.

Pasámolo moi ben!!!

 

INNOVACIÓN EDUCATIVA

A nosa compañeira, Ana Carreira, elaborou unha actividade en inglés  para 3º de Ed. Primaria que está a vosa disposición se premedes na teteira da imaxe. Esta actividade formaba parte da súa colaboración no programa PALE que trata de mellorar a competencia dos nosos mestres e mestras en linguas extranxeiras, neste caso en inglés. Esperamos que vos guste.

UN COLEGIO DIFERENTE

 

El colegio S. Pedro de Visma está situado en un entorno especial: es como estar en el campo en medio de una ciudad.Las aulas son amplias y luminosas y desde las ventanas puedes ver los prados vecinos con sus vaquitas pastando y los edificios de la Ronda de Outeiro lejos, muy lejos.....

Los patios son grandes espacios abiertos donde los niños se relajan después de sus actividades escolares.

Es en este ambiente privilegiado donde los profesores tratamos de fomentar actitudes que infundan confianza en nuestros alumnos, para ayudarles a conseguir los conocimientos y habilidades necesarios para trabajar y desarrollarse en un mundo tan rápido y cambiante como el que nos ha tocado vivir.

Felíz curso. 

 

A XANELA DE 4ºA

Os alumnos e alumnas de 4º A están facendo un periódico que queren compartir con vos. 

Se queredes ver os seus traballos premede na imaxe.

Como sa sabedes esta é a cabaza gañadora do concurso do Samaín. O seu autor é Adrián .

Distribuir contido


by Dr. Radut