CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
Aquí vos van as solucións ás tarefas extra da semana do 11 de maio para 4ºe unha pequena actividade para lembrar o Día das Letras Galegas.
Moito ánimo!
Un torno con materiais diversos reutilizados que Nur nos explica. Moi ben esa máquina simple!
Escoitade a aplicación que fai Luis cos Lego das poleas. Moi interesante e creativo.
Merece a pena escoitar a explicación da aplicación na vida real da máquina de poleas que él construiu.
Aquí temos dous tornos estupendos feitos por Rubén C. Exemplos de máquinas simples.
Aquí temos o torno fabricado por Faraji para subir auga dun pozo. O torno é outro tipo de máquina simple. Estupendo, verdade?
Aquí temos a catapulta de Darío Oliva, xunto cunha clara explicación de como construíu está máquina.
Aquí temos dúas preciosas máquinas feitas por Celia, con pezas de Lego. Un balancín, exemplo de panca e unha polea. Ambas máquinas simples.
Aquí está a balanza feita por Antonio, outro excelente exemplo de máquina simple.
Aquí temos a catapulta de Aldán, un bo exemplo de panca. Bo traballo!