Skip to Content

1º Primaria

Divertímonos coas mates

Matemáticas:

No enlace de abaixo podedes pasar un anaco divertido ao tempo que repasades mate...Risa 

 http://www.retomates.es/?idw=tt&idJuego=rinconluca

 

Aquí van uns exercicios de cálculo mental:

Cada día faise como máximo unha carilla. Os que podan o len e contestan e os que non, podedes lerlles e o van contestando. Só hai que escribir o resultado (o cálculo teñen que realizalo mentalmente, aínda que tamén poden debuxar se iso lles axuda).

Non é necesario imprimilo senon queredes.

 

EXPERIMENTO 2ºA

EXPERIMENTOS 1º PRIMARIA

 

 

 

PEDRO CHOSCO

 
Os nenos e nenas de 1º B explicaron quen era Pedro Chosco na súa actuación. Ao final cantaron todos á canción: "Pedro Chosco estaba na cama, dáballe o sol por unha ventana, e pola outra dáballe o vento, Pedro Chosco estaba contento."

Lendo Xuntos

Pegadas do herdado

PEGADAS DO HERDADO (enlace para ver a presentación)

•COÑECEMOS A NOSA IDENTIDADE (DE ONDE SOMOS).

•INVESTIGAMOS SOBRE A HISTORIA PASADA DO NOSO BARRIO E DO NOSO COLE .

•EXPRESAMOS AS NOSAS PREOCUPACIÓNS POLO ENTORNO E A SITUACIÓN QUE NOS RODEA.

•EMOCIONÁMONOS E EXPRESAMOS O QUE SENTIMOS A TRAVÉS DA NOSA OBRA.

Saída ao Monte de San Pedro 21 de xuño de 2016

MATERIAIS DO 1º CICLO DE PRIMARIA

XA TEDES PUBLICADAS AS LISTAS DOS MATERIAIS DO 1º CICLO DE PRIMARIA (1º E 2º CURSO)

PREMEDE AQUÍ.

Materiais do 1º Ciclo de Primaria

 

MATERIAL 1º CURSO  2012/13

- 2 estoxos de cremalleira

- 3 carpetas tamaño folio de plástico

- 500 folios DIN-A4 (80 gr)

- 5 lápis STAEDTLER do nº 2

- 3 gomas

- 1 afialápis

- 2 barras de pegamento tamaño mediano PRITT

- 1 caixa de 24 ceras PLASTIDECOR

- 1 caixa de 12 rotuladores finos

- 2 tacos de plastilina tamaño mediano

- 1 regra de 30 centímetros

- 1 tesoiras de punta redondeada

- 2 libretas tamaño cuartilla de dobre pauta ancha.

- 1 Paquete de papel de cocina.

 

NOTA: Todo o material deberá estar identificado co nome do/a alumno/a.  

o/a  Titor/ra

 

 

 

MATERIAL 2º CURSO 2012/13

 

- 2 estoxos de cremallera 

- 1 carpeta tamaño folio de plástico

- 2 carpetas tamaño folio de cartón

- 200 folios DIN-A4 (80 gr)

- 4 lapis STAEDTLER do nº 2

- 4 gomas

- 3 afialapis

- 2 barras de pegamento tamaño mediano PRITT

- 1 caixa de 12 ceras PLASTIDECOR

- 1 caixa de 12 rotuladores finos

- 1 taco de plastilina tamaño mediano

- 1 regra de 30 centímetros

- 1 tesoiras de punta redondeada

   (Nota: o alumnado de 2ºA non necesita mercalas porque as teñen na aula )

- 2 libretas tamaño pequeno de dobre pauta estreita (que non teñan espiral)

 

NOTA: Todo o material deberá estar identificado co nome do/a alumno/a. 

             Aconséllase aproveitar o material de cursos anteriores que estea en bo estado.

 As Titoras

 

 

 

 

VISITA BIBLIOTECA DOS ROSALES

     Os nenos/as de 2º A e 2º B fomos á Biblioteca Municipal "OS ROSALES" convidados polas bibliotecarias para facerlle un xuizo ao LOBO FEROZ.

     Querían retirar os libros dos lobos das estanterías, pero puxemos nunha balanza os libros a favor e en contra e, como quedaron equilibrados, decidíuse absolver ao LOBO FEROZ e asinouse unha sentenza.

     ¡¡ FOI MOI DIVERTIDO !!.

        

Distribuir contido


by Dr. Radut