Conmemoracións

DÍA DA PAZ

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

 

Hoxe, todo o alumnado e profesorado saíu ao patio para conmemorar o DÍA DA PAZ. Interpretamos a canción "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler e Jennifer López.

 

XUNTARTE

 

O CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma participou, xunto cos colexios públicos CEIP Ramón de la Sagra, CEIP  Emilia Pardo Bazán e o CEE María Mariño, coa colaboración do IES Imaxe e Son, na gala  XUNTARTE, XUNTOS POLA ARTE, que tivo lugar onte, 27 de xaneiro, ás 18 horas, no Ágora. Estes colexios uníronse e organizaron un festival conxunto con motivo da celebración do Día da Paz, co tema “Danzas do Mundo”, no que se fixo  unha exhibición de danzas de diferentes continentes. Un grupo de alumnos de 5º de primaria do noso Centro, ensaiados pola profesora de primaria dona Rosa Tenreiro e coa colaboración da profesora de inglés dona Teresa Mira e a xefa de estudos  dona Dolores Catoira, representaron unha danza típica de Israel titulada "Hine ma tov" e colaboraron  en varias danzas conxuntas. 

O festival resultou moi ameno e esperamos que esta colaboración entre centros públicos continúe no tempo en sucesivas edicións.

 

 

A FESTA DO NADAL

No colexio celebramos O Nadal cun festival, onde os nenos/as foron os protagonistas e para merendar: unha gran chocolatada!.

                                                                       BO NADAL!

                                  

MAGOSTO 2015

MAGOSTO 2015

MERENDA TERRORÍFICA

Os alumnos do CEIP San Pedro de Visma tiveron unha merenda moi arrepiante. Comeron arañas, vermes, ollos, momias...

 

 

FESTA FIN DE CURSO 2014/15

FESTA FIN DE CURSO

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2015

 

 

A celebración das Letras Galegas deste curso levouse a cabo en dúas fases. Primeiramente asistimos a una

representación teatral “ A tía lambida”, interpretada por alumnos de 1º,2º  e 3º de primaria, obra dirixida pola

profesora Teri, e ás 12 da mañá comezou o festival no patio cuberto.

 

PROGRAMACIÓN NO PATIO CUBERTO

 

  • Ÿ  Construción do noso maio ao son dos gaiteiros.
  • Ÿ  Cantiga de Santa María nº 100.  Interpretada polos alumnos de 5º e 6º  e acompañados polo coro do Centro.
  • Ÿ  Son do ar (Luar na Lubre). Alumnos de 5º e 6º, acompañados polo grupo de gaiteiros.
  • Ÿ  O Tiro liro (Migallas). Bailada polos alumnos de infantil.
  • Ÿ  A Primavera (Mamá Cabra) . Actuación dos alumnos de 1º.
  • Ÿ  A  miña tía ( Mamá Cabra). Interpretada polos alumnos de 2º.
  • Ÿ  No baile (Mamá Cabra). Bailada polos alumnos de 3º.
  • Ÿ  Milonga de aquí (Sés). Baile realizado polos alumnos de 4º.

 

Despois de cantar o Himno galego os gaiteiros amenizáronnos con cancións para que bailásemos ata o

remate da festa.

 

 

ENTROIDO 2015

 

 

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz. O acto consistiu na elaboración dun gran corazón coas pedras que decoraron os alumnos/as.Tamén construímos unha pomba da paz coas mans de todos os nenos/as. No salón de actos escenificouse unha pequena obra de teatro e cantamos a canción de Juanes: "Es tiempo de cambiar".

 

Powered by Drupal - Design by artinet