Skip to Content

Medio Ambiente

DOAZÓN AO GRUPO HÁBITAT

O alumnado de 6ºB de Primaria fíxolle entrega no día de onte ao grupo naturalista Hábítat a doazón dunha parte do recaudado en maio no Proxecto Semente.

Noticias de 3ºB: Traballo sobre Medioambiente

3º participa no concurso Zinkers de Fundación Repsol. Aquí están as noticias do traballo efectuado.

O IMPACTO DOS PLÁSTICOS NO MAR

Hoxe foi un día especial no colexio San Pedro de Visma. Esta mañá ao estilo dunha Performance, comezouse a encher un GOLFIÑO con restos de plásticos recollidos polo alumnado do centro. Curso por curso pasou a depoistar o plástico que almacenaban nas súas clases. Este plástico vén dos restos das merendas, do recollido no patio do centro ou da contorna do centro escolar.

Con esta acción pretendemos que o alumnado e a sociedade en xeral sexa consciente do uso abusivo que facemos do plástico de un só uso. Ao mesmo tempo o alumnado puido ver os efectos dos plásticos no mar, afectando así aos seres vivos que se encontran nel. E como este mundo chamado natureza é un circulo, estes plásticos volven a nós en forma de menú diario nas nosas comidas, comendo peixe e facendo que esteamos comendo micro plásticos case a diario.  Que o noso Golfiño, situado na entreda do colexio o recorde todos os días. NON AO PLÁSTICO DUN SÓ USO!

Unha boa xornada a de hoxe, na que seguimos na formación e concienciación do coidado do medio ambiente.

Medio Ambiente

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut