Skip to Content

Actividades

Vídeo de 3ºA do seu traballo medioambiental.

Diseño de Malena

Noticias de 3ºA sobre o traballo en medioambiente

As clases de 3º participan no concurso Zinkers para o que preparan unha noticia con varias das actividades relacionadas co medioambiente que realizaron.

COMEZAMOS A PLANTAR

O noso invernadoiro xa está preparado para recibir as primeiras sementes deste curso.

Gracias ao traballo do alumnado voluntario por deixar o noso invernadoiro e os bancais a punto. Bo traballo!!!

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Comezamos a plantar

ESTUDO MERENDAS SAUDABLES E SOSTIBLES. EXPLICACIÓN TABOAS

ESTUDO MERENDAS SAUDABLES E SOSTIBLES. EXPLICACIÓN TABOAS

Neste 3º Trimestre queremos mellorar a nosa vida saudable. Para elo imos facer un estudio no que se busca ter mellores hábitos saudables e sostibles nas nosas merendas durante os recreos.

Cada dia curbiremos 2 taboas, unha de merendas saudables e outra de merendas sostibles:

- Merendas saudables: marcar cada día de cor verde si a merenda é saudable / marcar cada día de cor vermella si a merenda non é saudable

- Merendas sostibles: marcar cada día de cor verde si a merenda non ten residuos / marcar cada día de cor vermella si a merenda ten residuos.

Obxectivo no final de curso ter cada semana a gráfica das marendas saudables de cor VERDE e os golfiños das merendas sostibles de cor VERDE

Este video explicativo axudaravos a comprender a mecánica do estudo.

 

5 AL DÍA. FRUTAS Y VERDURAS

RU:URBAN - URBACT

Presentaión do noso colexio no programa europeo Ru:Urban de hortos urbanos.

PULSA NA IMAXE PARA VER O VIDEO

 

A SEMENTAR...

A SEMENTAR...

 

Coa lúa chea do próximo día 28 comeza o minguante de febrero. Tempo que imos aproveitar para facer sementeiros.

Podédelos facer na clase ou no exterior se o tempo o permite.

 

Tedes moitas posibilidades:

 

Para testos de grupo en clase que despois se transplantarían: allo-porro, leituga, aromáticas e todas as de flores, incluídas as semprevivas.

Estas son sementes moi pequeñas (para botar a presadas).

 

 

Para recipientes individuais (sementes máis grandes) para transplantar despois: cabaciña, acega, tirabeques…

 

Para botar directamente no exterior: ravos, remolacha vermella (gromos tenros), cenorias.

 

 

Se alguén precisa outro tipo de semente, que avise.

 

Para plantar, avisade: clase, tipo de cultivo, se se fai en clase ou exterior e o seguimento do cultivo; no caso de ser en testos, se o fariades na clase ou no invernadoiro.

OVOS

A mamá de Antía da Clase dos Caracois (E.I. 5ºB) tróuxonos varios tipos de ovos de galiña e un de pata para observar. 

 

 

Nas clases de infantil tivemos que abrir un dos ovos azuis para comprobar que por dentro era similar aos outros ovos.

 

 Nas clases dos cursos superiores de primaria, tamén houbo un gran interés pola mostra, que foi de clase en clase, xa que están a traballar conceptos coma a célula, tipos de vertebrados, aves, animais ovíparos e tipos de alimentos e os compoñentes deses alimentos.

 

 

 

 

 

SEMENTA CAMIÑO

 

 

POR FIN CHEGOU O DÍA!

Dende o CEIP San Pedro de Visma estamos moi emocionadxs de poder presentarvos o noso proxecto “SEMENTA CAMIÑO”

EN QUE CONSISTE⁉️
É un proxecto interdisciplinar organizado por Equipo de Medio Ambiente @sanpedrovisma , Equipo de dinamización Linngua Galega @edlg.visma , Equipo de Biblioteca SPV @bibliotecasanpedrodevisma e o profesorado de Educación Física no que participa TODO O CENTRO

O noso OBXECTIVO é completar os 906 km que hai no #camiñonorte De Santiago, entre Irún e Fisterra

COMO O IMOS FACER⁉️
Camiñando por un camiño de 500 m. marcado no centro. Todo ese noso verde ten q ser aproveitado!!

QUE VAI IR PASANDO NO CAMIÑO⁉️
Q imos coñecer cidades, vilas e Moita xente!! Nenas e nenos de toda a cornixa cantábrica cos q compartiremos a nosa lingua, as nosas sementes e as nosas experiencias.

QUE BUSCAMOS⁉️
 Desfrutar do aire libre
 Ser persoas activas! Non nos gusta o sedentarismo
Coñecer persoas,lugares, linguas,culturas...
Valorar o #camiñodesantiago , eixe cultural de Galicia @_xacobeo2021
SER EQUIPO. Iso é o q nos fai grandes no #spvisma

ANIMÁDESVOS A SEGUIRNOS⁉️

Distribuir contido


by Dr. Radut