Skip to Content

Curso 2022-2023

CURSO 2022-2023

ORDE DO 20 DE MAIO DE 2022 POLA QUE SE APROBA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

 

 

 O CURSO ESCOLAR 2022-2023 COMEZA O XOVES 8 DE SETEMBRO

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

No anexo atopades a lista dos libros para o vindeiro curso 2022-2023

AXUDAS CURSO 2022/2023

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR:

- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º e 4º EP)

- AXUDAS DE LIBRO DE TEXTO (1º, 2º e NEAE)

- AXUDAS MATERIAL ESCOLAR (de 1º a 6º EP)

CURSO 2022-2023

ATA O 22 DE XUÑO DE 2022(incluído)

ORDE do 29 de abril de 2022

  • Presentación de solicitudes preferentemente por vía electrónica:

 

PRAZO MATRÍCULA CURSO 22-23

Do 1 ao 21 de MARZO abre o prazo de matrículoa para o vindeiro curso.

Como: presentarase o impreso ED550B (ver anexos). Poden pedir cita previa para vila cubrir ao centro.

Lugar presentacion: centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo ou na sede electrónica da Xunta de Galicia vía on line.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

Información adicional:

1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude de admisión para o centro no que desexe praza. De presentar máis dunha solicitude en varios centros perderá todo dereito de prioridade que puidese corresponderlle en calquera deles.

 

2. O alumnado que teña reserva de praza concedida en centro adscrito, deberá comunicar por escrito a este centro a súa renuncia no caso de que desexe presentar solicitude de admisión para outro centro. Esta renuncia deberá facela antes de que comece o prazo de admisión (1 de marzo).

 

3. O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro (porque forma parte de el e pode continuar alí os seus estudos), deberá dar comunicación neste centro se presenta solicitude de admisión para outro centro.

 

NORMATIVA: poden consultar toda a información na web da Consellería de Educación.

ADMISIÓN: ALUMNOS NOVOS INFANTIL E PRIMARIA PARA CURSO 22/23

Estimadas nais, pais :

Lembramos que comeza a reserva de prazas para alumnado novo de Educación Infantil e Educación Primaria no noso centro.

O alumnado de 6º curso que remata Primaria no noso centro poderá facer a reserva de praza no instituto ao que estamos adscritos, o IES CELSO EMILIO FERREIRO.

O impreso de solicitude de reserva de praza para o instituto entregarase no colexio ou pode cubrirse por vía telemática na páxina: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado no apartado “solicitudes”e logo imprimilo e entregalo no centro (deberá presentarse o código da solicitude e o DNI) ou presentarse a través da aplicación da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, no caso de que teñades certificado dixital ou Chave 365.

O documento da solicitude tamén está á vosa disposición no arquivo adxunto.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de febreiro.

ABERTO PRAZO MATRÍCULA

 

Dende o 1 ata o 22 de marzo

 

está aberto o prazo para a matrícula

 

de novo alumnado no centro

 

A documentación necesaría é a solicitude de matrícula e acreditación da idade do neno/a ( a través de DNI, libro de familia ou partida nacemento).

 

Podedes solicitar CITA PREVIA, e vir cubrir as solicitudes no centro (así xa nos quedan rexistradas e non necesitades imprimir nada vós mesmos). Telf. 988 484 146 - 644 82 00 15

 

- As solicitudes pódense cubrir e entregar no centro. ADXUNTO 1.

 

- Tamén se poden curbir na aplicación de matrícula e logo traelas impresas co código xenerado: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

- Tamén podedes realizalas na aplicación e presentalas a través da Sede Electrónica da Xunta.

PREMA AQUÍ PARA ACCEDER AO PROCEDEMENTO NA SEDE.GAL

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut