Skip to Content

Curso 2013-2014

Fin de Curso 2013-2014

10/07/2014
Atlantic/Bermuda

Rematou o curso 2013-2014!

A volta ás clases será o mércores 10 de setembro de 2014.

 

 

Bo verán a tod@s!

 

 

Visita ao Museo Etnolóxico de Ribadavia

10/07/2014 10:31
Atlantic/Bermuda

Con motivo da celebración do Día dos Museos, estivemos no Museo Etnolóxico de Ribadavia, ao tempo que aproveitamos para visitar a vila e os seus arredores.

A Aldea Cavernícola de Leiro

16/06/2014 16:01
Atlantic/Bermuda

Fantástica xornada a que pasamos en Leiro. Nun espazo natural realizamos diversas actividades lúdicas que tiveron o seu prato forte nas primeiras horas da tarde coas esferas e as canoas no río Avia.

 

IV CONVIVENCIA DA COORDINADORA DE ENDL

16/06/2014 15:45
Atlantic/Bermuda

Realizamos a IV convivencia da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinzamización da Lingua Galega Terra de Celanova - Baixa Limia.

Nesta ocasión o IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova organizou un roteiro dende as portelas de Verea ata Celanova.

Na andaina e posterior tempo de almorzo e lecer estivemos xunto con compañeiros do IES  de Celanova, IES de Bande, e os Ceips de Bande, Muiños e Entrimo.

Xa hai que ir pensando na vindeira edición!

 

 

 

Visitamos a panadería do pobo!

16/06/2014 15:37
Atlantic/Bermuda

Ademáis de percorrer parte do pobo de Cartelle, os alumnos e alumnas de Ed. Infantil realizamos unha visita moi especial: a panadería do pobo! Alí coñecemos os segredos do pan tan saboroso que comemos a diario no colexio.

 

Semana de Letras Galegas 2014

23/05/2014 17:58
Atlantic/Bermuda

A Semana das Letras Galegas veu cargadiña de actividades.

Non faltaron as saídas ao teatro, estivemos no Auditorio Municipal de Ourense desfrutando coa obra "Trogloditas" e participamos nos XIX Encontros de Teatro de Bande coa obra "O Dilema do 6".

Coñecemos con detalle ao homenaxeado Xose María Díaz Castro e, por suposto! ampliamos o noso mural de escritores galegos!

 

 

 

 

Exposición itinerante de traballos sobre as árbores da comarca.

23/05/2014 17:52
Atlantic/Bermuda

Durante dez días tivemos no colexio a exposición itinerante de traballos sobre as árbores realizadas na Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de celanova - Baixa Limia.

 

 

Correndo por Ourense!

23/05/2014 17:32
Atlantic/Bermuda

Seguimos así de animad@s correndo por Ourense!

E temos que ser moit@s mais!

Agardámosvos na seguinte carreira!

Presentación en Celanova da nosa árbore de debuxos e poemas.

02/04/2014
Atlantic/Bermuda

Xunto con outr@s compañeir@s de outros centros pertencentes a Coordinadora Comarcal de Normalización e Dinzamización Lingüística Terra de Celanova - Baixa Limia, estivemos no IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro mostrando e coñecendo os distintos traballos feitos sobre as árbores da comarca. Ademáis como a mostra é itinerante agardámola para moi pronto no noso colexio.

Aprendendo a coidar e conservar a Natureza

02/04/2014 15:00
Atlantic/Bermuda

Un ano mais recibimos a visita no colexio dos técnicos e dos axentes forestais, que nos recordaron e ensinaron cousas moi importantes para a conservación e a protección do fantástico medio natural no que vivimos.



Distribuir contido


by Dr. Radut