Skip to Content

Localización

Datos do centro

 

 

 

 CEIP SAN MARCOS

Enderezo: Rúa Bandeira nº 1, CP: 32820, Cartelle - Ourense

TEL./FAX.: 988 48 41 46

Xornada partida de 10:00h a 16:45h

Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanmarcoscartelle/

Correo-e: ceip.sanmarcos.cartelle@edu.xunta.es
 
Oferta educativa: Educación Infantil e Primaria
 
 
 

 

Localízanos

Situación

O noso colexio atópase emprazado en Cartelle, localidade do concello do mesmo nome. O Concello de Cartelle está situado no occidente central da provincia de Ourense, pertence a comarca da baixa Arnoia.
 

Limita ao norte cos concellos de Castrelo de Miño e Toén; ao sur cos de Gomesende, Ramirás e Celanova; ao leste cos concellos de Barbadas, A Merca e Celanova e, ao oeste, co concello da Arnoia.

Esparéxese en lixeira pendente dende a cadea montañosa do norte, Coto de Novelle e Castro de Trelle, ata o val do río Arnoia no sur.

O seu relevo é accidentado cun predominio de elevacións varias aínda que ningunha acada máis de 1000 metros de altura.

Recibe as augas de varios ríos sendo a maioría afluentes do río Arnoia, río que fai fronteira neste concello polo sur.

É unha zona natural que ten unha extensión de 94 Km 2 , cunha altitude media de 400 metros sobre o nivel do mar.

Pola súa superficie, Cartelle, representa o posto número 28, en extensión, entre os 92 concellos da provincia, e con Verea son os concellos máis extensos da mancomunidade.

Respecto á poboación, con crecemento natural negativo, cada día está a perdela. Hoxe a pirámide poboacional está case invertida, representando así unha poboación avellentada. Asemade, na mancomunidade ocupa o segundo posto en número de poboación tras o concello de Celanova.

Consta de 12 parroquias e de innumerables localidades ou lugares, o que fai que a poboación estea dispersa por todas as terras do concello.

Distribuir contido


by Dr. Radut