Skip to Content

Curso 2012-2013

Día de portas abertas no CEIP San Marcos

02/05/2013 11:25
Atlantic/Bermuda

Como xa vén sendo unha costume no CEIP San Marcos o día 30 de abril foi “O día das portas abertas”. Esta xornada estivo organizada pola ANPA  en colaboración co claustro e o Concello de Cartelle. Nela, o futuro alumnado do centro acompañado dos seus pais ou titores, coñeceu as instalacións do colexio e participou dalgunhas actividades.

Ás 14 horas chegaron os pequenos e tras unha curta visita ao comedor, gozaron do seu primeiro recreo. Ás 15 horas deron un paseo polas aulas  e media hora máis tarde, xa na clase de infantil, puideron imaxinar como serán os seus primeiros anos de escolarización. Coñeceron á súa futura mestra e xa para rematar  dúas nenas de sexto, Sonia e Marta, tíñanlles unha sorpresa: íanlles contar o conto “Queres xogar comigo?

Para poñer o broche final, visitáronnos os títeres A Xanela do Maxín coa actuación  “Chincha Rabincha”. Participou todo o alumnado  nesta última sesión lectiva.

Xa dentro do horario de extraescolares , os nenos e nenas  comprobaron o ben que o pasan os nenos na actividade de patinaxe.

 


Correndo por Ourense - Carreira do Vinteún

02/05/2013 11:21
Atlantic/Bermuda

O domingo 28 de abril celebrouse en Ourense  a primeira carreira do  Circuito de Carreiras Populares “Correndo por Ourense” tocándolle nesta ocasión ao barrio do Vinteún. Algúns nenos e nenas do noso colexio achegáronse  ata Ourense para participar na carreira, animados polo seu mestre de educación física. Como podedes comprobar nas fotos,  colléronlle o gusto e seguro que participarán nas posteriores citas con vistas, seguro, a mellorar o tempo da San Martiño 2012. 


Kilómetros de solidaridade

02/05/2013 11:15
Atlantic/Bermuda

Este xoves 25 de abril levouse a cabo no campo da feira de Cartelle a carreira “ Kilómetros de solidaridade”, organizada polo CEIP San Marcos. Esta proposta foi  iniciada pola ONG  Save the Children no ano 2004  e transladada ós centros educativos. Os obxectivos desta carreira son dous:

  1. Sensibilizar ao noso alumnado  coas inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas en todo o mundo.
  2. Recadar fondos para axudar á infancia máis vulnerable nos países máis desfavorecidos e asegurar que se respeten os seus dereitos.

Para levalo a cabo cada participante buscou patrocinadores  que se comprometeron a abonarlle unha cantidade por cada kilómetro  que recorra. Dado que a carreira foi no campo da feira os kilómetros foron simbólicos e adaptados a tódalas idades. O diñeiro recaudado será enviado a Save the Children.

Agradecer a axuda prestada ao Concello de Cartelle e a Protección Civil.

Para máis información: http://www.savethechildren.es

 


23 de abril, día do libro

02/05/2013 11:13
Atlantic/Bermuda

 

Los libros son las abejas que llevan el polen de una inteligencia a otra.

(James Russel Lowell)

 

23 de abril, día do libro.

No CEIP San Marcos celebramos o día do libro realizando diferentes actividades nas aulas e creando entre todos un libro viaxeiro e que está a piques de ter xa un desenlace. En breve colgaremos as súas páxinas na web do cole.

 

Charla da Cruz Vermella sobre o aforro da auga

02/05/2013 11:00
Atlantic/Bermuda

 

Voluntarias da Cruz Vermella, co motivo da celebración o 22 de marzo do día Mundial da Auga, achégaronse ao noso cole para darnos  algún trucos para aforrar este preciado líquido. O obxectivo desta charla é concienzar aos nenos e nenas da necesidade de preservar a auga e garantir que as xeneracións futuras poidan ter acceso a ela. Non despilfarrar auga  no fogar é unha medida fundamental. Para iso, vimos uns interesantes vídeos e ademais deron a cada neno e nena un kit básico para non malgastar auga na casa.

 


Charla da Cruz Vermella sobre o aforro da auga

02/05/2013 11:00
Atlantic/Bermuda

 

Voluntarias da Cruz Vermella, co motivo da celebración o 22 de marzo do día Mundial da Auga, achégaronse ao noso cole para darnos  algún trucos para aforrar este preciado líquido. O obxectivo desta charla é concienzar aos nenos e nenas da necesidade de preservar a auga e garantir que as xeneracións futuras poidan ter acceso a ela. Non despilfarrar auga  no fogar é unha medida fundamental. Para iso, vimos uns interesantes vídeos e ademais deron a cada neno e nena un kit básico para non malgastar auga na casa.

Charla sobre o mel de Galicia

09/03/2013 11:51
Atlantic/Bermuda

Este mércores, 6 de marzo, o alumnado de educación primaria tivo unha charla sobre o mel. Aprenderon de onde sae, como se elabora, cales son as ferramentas que utilizan os apicultores... Despois de escoitar atentamente o que explicaba a ponente, tiveron a oportunidade de catalo. Repartíronselle pequenos frascos individuais de Mel de Galicia e degustáronno moi contentos/as.

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é o organismo encargado de controlar, amparar e certificar o "Mel de Galicia", identificando esta certificación coa contraetiqueta correspondente, que é o aval de que esta mel cumpre con todos e cada un dos requisitos de calidad reflexados no Regulamento. A zona de produción, elaboración e envasado dos meles amparados abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.  (Información extraída de: http://www.mieldegalicia.org/miel2/ )

 


Charla sobre agricultura ecolóxica

03/03/2013 17:50
Atlantic/Bermuda

O pasado 20 de febreiro tivemos no colexio unha charla para o alumnado de primaria sobre agricultura ecolóxica. Desde O Grelo Verde, asociación para o desenvolvemento rural sostible, explicáronnos cales son os beneficios dos alimentos ecolóxicos, como se cultivan, cal é o seu etiquetado... Ao rematar, o alumnado xogou a recoñecer estes produtos e ademáis quedou en facer un debuxo ou manualidade sobre o tema que sería recompensado unha semana máis tarde cun surtido de alimentos moi sans.

Podedes acceder ás fotos para ver as obras de arte que crearon os nosos alumnos e alumnas.


Entroido 2013

03/03/2013 17:11
Atlantic/Bermuda

 

Por sorte, o mal tempo deunos un respiro para celebrar o Entroido como se merece. Despois duns días con chuvia chegou o 8 de febreiro e o sol aliouse coa tan desexada festa.  

A temática deste ano era: a granxa. Como veredes no álbum de fotos  Cartelle encheuse de animais: poliños, galos, ovellas e vacas.  Desfile polo pobo con charanga incluída, recolleita de caramelos polas rúas, baile na praza onde se celebra a feira e á volta  degustación de bica con chocolate! 

Agradecementos á Anpa pola súa colaboración un ano máis.

 


BENVIDA

02/12/2013 10:00
Atlantic/Bermuda

BENVIDOS A WEB DO CEIP "SAN MARCOS"

R/ BANDEIRA, 1

32820 CARTELLE - OURENSE

TEL. 988 48 41 46

Distribuir contido


by Dr. Radut