Skip to Content

Secretaría

PRAZO DE MATRÍCULA - NOVOS ALUMNOS

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR

LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN 2020-2021

NOVA IMPORTANTE - Listaxe provisional admisión alumnado

COMUNICADO

NOVA IMPORTANTE

NOVAS PARA O 3º TRIMESTRE - CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

NOVAS PROVISIONAIS

NOVAS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

 

Segundo nos indican dende a Consellería de Educación, unha vez rematadas as vacacións de Semana Santa continuarase coa actividade lectiva non presencial mediante o repaso, recuperación e reforzo do traballo desenvolvido ata agora.

Adxunto enlace da propia web da Xunta.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809

COMUNICADO CONCELLO DE CARTELLE

AXUDAS DE COMEDOR - IMPORTANTE!!!

A Xunta de Galicia acaba de publicar unhas axudas para os usuarios de pago gratuito e tamén para os de pago 1€. 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf

COUSAS IMPORTANTES:

- Son compensacións do custo diario do menú por comensal: 2,50€ para os usuarios gratuitos e 1,50€ para os que pagan 1€.

- A solicitude é única por familia.

- Datas que cubre:(faranse dous pagamentos)

     Dende o día 16 ata o 31 marzo (11 días lectivos) e do 1 ao 3 de abril .

     En caso de prórroga, cubriría os seguintes 14 días lectivos de abril.

- Prazo de solicitude: do 31 de Marzo ata o 6 de abril.

- Petición: de xeito telemático a través de sede da Xunta https://sede.xunta.gal/portada?langId=es_ES e buscar o procedemento ED601B.

No caso de necesidade de axuda, a dirección do centro a través do seu correo electrónico axudaravos no que precisedes.

SITUACIÓN EDUCATIVA ACTUAL

Tendo en conta as últimas instrucións aportadas pola Xunta de Galicia do 27 de marzo, informase ás familias da situación actual: 

- Os alumnos serán avaliados de esta 2ª AVALIACIÓN cos contidos dados ata o 13 de marzo e establécese como medio para que as familias podan ter acceso a ditas calificacións a través dunha app da propia Xunta que é o ABALAR MÓBIL polo que teredes que descargala no voso teléfono móbil.

Engádese manual fácil de instalación, e ante calquera dúbida de instalación ou fallo, comunicádeo a través do correo electrónico do centro e solucionarémolo.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

- En relación á 3ª AVALIACIÓN, estamos á espera de novas instrucións. En canto nos sexan comunicadas, publicarémolas. Ata ese momento, seguiremos subindo materiais de repaso á web, publicando actividades de participación co Instagram e nos anexos tedes máis tarefas detalladas.

 

ALERTA (premer na imaxe)

Distribuir contido


by Dr. Radut