02/05/2013 11:21
Atlantic/Bermuda
O domingo 28 de abril celebrouse en Ourense a primeira carreira do Circuito de Carreiras Populares “Correndo por Ourense” tocándolle nesta ocasión ao barrio do Vinteún. Algúns nenos e nenas do noso colexio achegáronse ata Ourense para participar na carreira, animados polo seu mestre de educación física. Como podedes comprobar nas fotos, colléronlle o gusto e seguro que participarán nas posteriores citas con vistas, seguro, a mellorar o tempo da San Martiño 2012.