Skip to Content

Curso 2013-2014

Obradoiro de xogos tradicionais. Curso 2013-2014

18/02/2014 17:41
Atlantic/Bermuda

Un ano mais o noso centro participou no Obradoiro de Xogos Tradicionais que realiza o Centro de Cultura Popular Xaquin Lorenzo, da Deputación Provincial de Ourense. Os xogos bailados, o cazador, o chourizo... foron os protagonistas das sesións deste curso que, coma sempre, soubéronnos a pouco!


Día da Paz - Curso 2013-2014

18/02/2014 17:19
Atlantic/Bermuda

A canción "Qué pasa" de Juanes pechou o Día da Paz no noso colexio, tras reivindicar o xogo sen pelexas, mostrar unhas fermosas pombas con mensaxe, escoitar unha historia exemplar duns animais...

De Reciclaxe na Feira de Cartelle

18/02/2014 17:00
Atlantic/Bermuda

Visitamos a carpa instalada na "Feira" de Cartelle pola Deputación Provincial de Ourense, dentro do programa pola sostibilidade da provincia de Ourense. Alí escoitamos cousas moi interesantes sobre a reciclaxe e voltamos para o colexio con varios agasallos.

NUNCA SEN ALMORZO

19/12/2013 18:16
Atlantic/Bermuda

Por segunda ocasión participamos no cole no "Nunca sen almorzo". Trátase de tomar conciencia do importante que é realizar un bo e saudable almorzo a diario. Para elo a Consellería de Sanidade promove esta actividade na que hai primeiro unha charla e despois realizase un almorzo.

Ademáis como o noso colexio foi o primeiro no que se iniciou a campaña este ano, presentaron o acto o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense, María Villar, e acompañounos Carmen Leyte, alcaldesa de Cartelle.

Foron numerosos as nais, os pais e titores que quixeron acompañarnos tanto na charla coma no almorzo.

E recordádeo... Nunca sen almorzo!!!

Andaina da Ruta do Río Gato

19/12/2013 18:00
Atlantic/Bermuda

Realizamos unha andaina de parte da "Ruta do Río Gato". Nas cercanías de Cartelle, baixo o pobo de Madarnás, transcorre o río Gato nun fantástico entorno natural, e a pouca distancia entrega as súas augas ao Arnoia.

Unha experiencia moi recomendable!!!

NADAL

19/12/2013 17:53
Atlantic/Bermuda

Celebramos un ano máis o Festival de Nadal, coa participación de todo o alumnado do colexio. As actuacións foron moi variadas e divertidas e ao final... Sorpresa! Os Reis Magos viñeron para deixarnos uns agasallos moi doces!!!

BO NADAL E FELIZ ANO 2014!!!

Día da Biblioteca Curso 2013-2014

02/12/2013 10:51
Atlantic/Bermuda

Celebramos o Día da Biblioteca 2013. Realizamos un mural no que participou todo o alumnado do colexio. Nel mostramos os libriños que máis nos teñen gustado ultimamente.

Quedounos "chuliño". Verdade?

A festa do Seixo - Cantares Gallegos (Rosalía de Castro)

16/05/2013 11:42
Atlantic/Bermuda

Distribuir contido


by Dr. Radut