Skip to Content

PRAZO MATRÍCULA CURSO 22-23

Do 1 ao 21 de MARZO abre o prazo de matrículoa para o vindeiro curso.

Como: presentarase o impreso ED550B (ver anexos). Poden pedir cita previa para vila cubrir ao centro.

Lugar presentacion: centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo ou na sede electrónica da Xunta de Galicia vía on line.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

Información adicional:

1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude de admisión para o centro no que desexe praza. De presentar máis dunha solicitude en varios centros perderá todo dereito de prioridade que puidese corresponderlle en calquera deles.

 

2. O alumnado que teña reserva de praza concedida en centro adscrito, deberá comunicar por escrito a este centro a súa renuncia no caso de que desexe presentar solicitude de admisión para outro centro. Esta renuncia deberá facela antes de que comece o prazo de admisión (1 de marzo).

 

3. O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro (porque forma parte de el e pode continuar alí os seus estudos), deberá dar comunicación neste centro se presenta solicitude de admisión para outro centro.

 

NORMATIVA: poden consultar toda a información na web da Consellería de Educación.

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.13 MB


page | by Dr. Radut