Saltar navegación.

Benvida

Benvid@s ao sitio web do C.E.I.P. San Isidro de Neda

 

                          

 

Pincha na imaxe

ENDEREZO: Rúa Roseira, Nº 1.15510 Neda. A Coruña

TELÉFONOS: 881 930 404

                     881 930 405

               fax: 881 930 406

HORARIOde luns a venres, dende as 08:45 ás 13:45

E-MAIL: ceip.sanisidro@edu.xunta.es 

Calendario Escolar 2024/2025

Fai click na imaxe para acceder a información. 

ADMISIÓN CURSO 2024/2025

A partir do 1 de marzo ábrese o prazo de admisión de novos alumnos e alumnas para o vindeiro curso académico 2024/25.

 

PRAZO E LUGAR DE ENTREGA DAS SOLICITUDES: Do 1 ao 20 de marzo. Na secretaría do centro.

 

O alumnado que desexe iniciar a súa escolaridade na etapa de Educación Infantil de 3 anos será o nado no ano 2021

Os impresos de solicitude poden recollerse no colexio ou ben descargalos aquí:

SOLICITUDE DE PRAZA

DOCUMENTACIÓN

Ou cubrilos electrónicamente na aplicación da Xunta:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/------------------Manual familias para cubrir a instancia na aplicación

E entregala firmada no centro. Tamén se pode cubrir por sede electrónica para o que se precisa certificado electrónico ou a chave 365 para poder asinala.

Os alumnos/as que xa están matriculados no presente curso escolar no colexio teñen a reseva de praza xa feita para a continuidade no mesmo o vindeiro curso escolar.

Se algún alumno/a vai cambiar de centro no vindeiro curso, terá que facer a solicitude de admisión nese centro no prazo establecido e comunicalo a súa vez no noso colexio.

A listaxe provisional de admitidos publicarase no taboeiro de anuncios do centro o 25 abrilContra a listaxe provisional, poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación. Estas reclamación entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

A listaxe definitiva de admitidos publicarase no taboeiro de anuncios do centro o 15 maioContra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partires do día seguinte á súa publicación.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

VACANTES CURSO 2024/2025

4º EDUCACIÓN INFANTIL 20 (3 NEAE)
5º EDUCACIÓN INFANTIL 0
6º EDUCACIÓN INFANTIL 0
1º EDUCACIÓN PRIMARIA 7 (3 NEAE)
2º EDUCACIÓN PRIMARIA 7
3º EDUCACIÓN PRIMARIA 9
4º EDUCACIÓN PRIMARIA 9
5º EDUCACIÓN PRIMARIA 0
6º EDUCACIÓN PRIMARIA 10

 

 


 Normativa reguladora do proceso de admisión para o curso 2024/25

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Mandados do Entroido

Aquí chegan os mandados do Meco. Comezaremos o luns día 5 e remataremos o venres cun desfile pola Vila de Neda. 

 

                                                                                                      FAI CLICK NAS IMAXES

 

RESERVA DE PRAZA NO IES FERNANDO ESQUÍO PARA O CURSO 2024-2025

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro ábrese o prazo para a reserva de praza dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria que vaian cursar os seus estudos de ESO no centro adscrito ao noso, IES FERNANDO ESQUÍO.

Para facer reserva deben cumprimentar o anexo I (pódese descargar en galego ou castelán) e entregalo asinado no noso centro antes do 5 de febreiro.

                  Anexo I (Galego)

                  Anexo I (Castelán)

A solicitude tamén a poden cumprimentar de forma electrónica, a través da aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, no menú:

Solicitudes - Reserva - crear

E logo entregala no noso centro asinada. Ou asinala en sede electrónica para o que se precisa a Chave 365 ou un certificado dixital.

Se van cursar a ESO noutro centro terán que facer a solicitude de admisión nese centro, no prazo establecido para ese trámite (1 ao 20 de marzo).


 LEXISLACIÓN APLICABLE 

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Reparto de froita e leite na escola

De novo, neste curso 2023/24, participamos no programa Froita fresca e leite na escola. Esta iniciativa realízase en colaboración coa Consellería de Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

 

Consiste nunha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita e leite de forma habitual, ofrecendo de forma gratuíta ao alumnado produtos de tempada nos períodos de recreo.  Contaremos con financiamento para distribuír durante vinte períodos froita e cuarenta leite líquido, distribuídos ambos en dúas quendas.  

 

 

     

Distribuir contido