Saltar navegación.

RELACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR PRESENTADAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do 8 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste centro fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos: 

1. CENDÁN VILLADÓNIGA, ANA BELÉN

2. SOUTO FREIRE, MARÍA FERNANDA

Segundo o establecido no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996)  corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Un será nomeado pola ANPA. O outro representante de pais/nais continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Neda, 22 de novembro de 2022

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022. DOG do 30 de setembro, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

Animamos a toda a comunidade educativa do CEIP San Isidro de Neda a participar.

As votacións serán o día 29 de novembro.

Para máis información pinchade na imaxe

 

FESTA DO SAMAÍN

Disfraces e caras pintadas por nais e pais voluntarios da ANPA

MAQUILLAXE TERRORÍFICA PARA SAMAIN

Nais e pais da Anpa maquillaron a todo o alumnado do centro. 

 

CONXUROS SAMAÍN 2022

Entre as actividades realizadas para a celebración do Samaín, todo o alumnado participou na elaboración de conxuros

 

   

MAGOSTO-SAMAIN 2022

O venres 28 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín, coa colaboración de toda a comunidade educativa.

 

ZONCHOS

O xoves 27 de outubro, pais e nais voluntarios da ANPA viñeron ao centro para facer co alumnado de educación infantil os zonchos.

Distribuir contido