Saltar navegación.

DATAS REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO

NIVEL DATA HORA LUGAR
4º- 5º EDUCACIÓN INFANTIL MARTES, 6 DE SETEMBRO 12.00 AULA (Planta baixa)
6º EDUCACIÓN INFANTIL MARTES, 6 DE SETEMBRO 10:00 AULA (Planta Baixa)
1º EDUCACIÓN PRIMARIA MARTES, 6 DE SETEMBRO 12.00 AULA (Ensanche- entrada polo patio cuberto)
2º EDUCACIÓN PRIMARIA MARTES, 6 DE SETEMBRO 11:00 AULA (Ensanche- entrada polo patio cuberto)
3º EDUCACIÓN PRIMARIA MÉRCORES, 7 DE SETEMBRO 10.00 AULA (1ª Planta)
4º EDUCACIÓN PRIMARIA MÉRCORES, 7 DE SETEMBRO   12:00 AULA (1ª Planta)
5º EDUCACIÓN PRIMARIA MÉRCORES, 7 DE SETEMBRO 11:00 AULA (1ª Planta)
6º EDUCACIÓN PRIMARIA ANULADA    

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

 

POR SER FESTIVO LOCAL EN NEDA O DÍA 8 DE SETEMBRO

O PRIMEIRO DÍA DE COLE SERÁ O 9 DE SETEMBRO (VENRES)

 

Memoria do proxecto Neda no Camiño

Un vídeo cargado de ilusión que resume brevemente o traballado durante este curso no Proxecto Neda no Camiño. Esperamos que vos guste! Bo camiño, peregrino!

RESOLUCIÓN DEFINITIVA ADMISIÓN 2022-2023

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2022-2023, no CEIP San Isidro de Neda, obtiveron praza.  As listaxes poden consultarse con chave 365, ou no taboeiro de anuncios sito no interior do centro escolar.

O prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

VISITA DE ESCRITORES

Durante o mes de marzo visitaron o noso centro varios escritores.Contaron os seus proxectos e falaron sobre os libros que durante o trimestre estiveron lendo os nenos e nenas dos diferentes niveis.

Pincha nas imaxes

                       

Entroido 2022

Peregrinos/as, monxes, apóstolos e tartiñas de Santiago encheron este día de festa. Merendas saborosas, fotografías para inmortalizar o momento e desfiles para que os nosos compañeiros/as visen os modelos tan traballados. 

Aquí tedes unha pequena mostra. 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro conmemórase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Este ano fai 185 anos do seu nacemento e no noso centro quixemos celebralo enchendo a entrada de pensamentos. Porque esta flor lle gustaba a Rosalía

 

185 PENSAMENTOS PARA ROSALÍA

>>>Pincha para ver máis imaxes<<<

Distribuir contido