Saltar navegación.

MADRUGADORES E COMEDOR

Abiertas las inscripciones en los servicios de madrugadores y comedores  escolares de Neda - Ferrol Comarcas - COPE

Estimadas familias, xa estamos de volta con moita enerxía! Esperamos que esteades todos/as moi ben e disfrutando do que queda de verán. 

Dende a ANPA informan que a partir do luns 11 de setembro estará aberto comedor e madrugadores. Madrugadores terá un prezo de 1,50€ e accesible dende as 7:15 horas. Mentres que o prezo do comedor sería a 5,50€ para aqueles alumnos/as que se queden diariamente a comer. O prezo por días soltos será un pouco maior (ainda por definir).

Para apuntarse e ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto con SARA (ANPA) ou ben chamando ao centro. 

Esperámosvos!

REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO

Ilustración de Logo De Personas Trabajo En Equipo Diseño Vectorial y más  Vectores Libres de Derechos de Reunión - Evento social - iStock

Informamos ás familias das reunións iniciais de cada titoría: 

 

Educación Infantil

O xoves 7 as familias de 4º, 5º e 6º EI: 10:00 horas.

 

Educación Primaria

 

O martes 12 de setembro realizaremos a primeira reunión de curso. A organización é a seguinte:

- 1º e 2º Educación Primaria: 16:00 horas.

- 4º e 5º Educación Primaria: 17:00 horas.

- 3º e 6º Educación Primaria: 18:00 horas. 

 

Ditas reunións celebraranse nas respectivas aulas de titoría. 

VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS

O 10 de maio visitou o noso centro un dos un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega.

 >>>pincha para ver imaxes<<<

Estivo cos nenos de infantil e Primaria. Fixo tres sesións:

  • Cos de infantil, onde ademais de comentar o libro que estiveron lendo na clase " Sopra neste furadiño", estiveron contando ata dez co libro "Os dez animais".
  • Co 1º ciclo de Primaria falaron de " O lapis de Rosalía", libro que estiveron lendo na aula no plan lector. Remataron cunha gran sorpresa que lles tiña Antón para todos: traía un lapis como o de Rosalía! co que poideron escribir e deixar que o lapis fixera voar a imaxinación.
  • Os de 2º e 3º ciclo falaron de poesía co libro " O colo das palavras" e agasallaron a Antón cantando e signando algunha das cancións do libro.

Pero non só de libros se falou, tamén fixeron papiroflexia, aprenderon algún retrouso e falaron da importancia de saber falar e escribir en galego.

Grazas pola visita

CONVOCADAS AS BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. CURSO 2023-2024

Está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas para alumnado NEAE para o curso 2023-2024. O prazo está aberto dende o 8 de MAIO ata o 20 de setembro inclusive.

Os destinatarios son o alumnado matriculado en centros españois, que acrediten a necesidade específica de apoio educativo e que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria:

 

CONVOCATORIA NEAE 2023-2024

 

A solicitude cubrirase ONLINE no seguinte enlace:

ACCESO AO SERVIZO

 

Se non se ten certificado electrónico, a solicitude hai que imprimila, firmala e presentala no centro antes do 20 de setembro.

 

PINCHADE PARA IS INFORMACIÓN

 

As principales novidades deste ano son:

  • Subsidio de 400 euros para gastos de carácter xeral que se concederán de xeito automático a todos os beneficiarios, independentemente da renta familiar e dos resultados académicos dos estudantes e sen necesidade de xustificación
  • Non é requisito imprescindible que o solicitante dispoña de centificado de discapacidade

MENÚ COMEDOR MAIO

                                  

Distribuir contido