Saltar navegación.

CONVOCADAS AS BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. CURSO 2023-2024

Está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas para alumnado NEAE para o curso 2023-2024. O prazo está aberto dende o 8 de MAIO ata o 20 de setembro inclusive.

Os destinatarios son o alumnado matriculado en centros españois, que acrediten a necesidade específica de apoio educativo e que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria:

 

CONVOCATORIA NEAE 2023-2024

 

A solicitude cubrirase ONLINE no seguinte enlace:

ACCESO AO SERVIZO

 

Se non se ten certificado electrónico, a solicitude hai que imprimila, firmala e presentala no centro antes do 20 de setembro.

 

PINCHADE PARA IS INFORMACIÓN

 

As principales novidades deste ano son:

  • Subsidio de 400 euros para gastos de carácter xeral que se concederán de xeito automático a todos os beneficiarios, independentemente da renta familiar e dos resultados académicos dos estudantes e sen necesidade de xustificación
  • Non é requisito imprescindible que o solicitante dispoña de centificado de discapacidade