Saltar navegación.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Estimados pais/nais:

 Ven de publicarse no DOG a ORDE do 28 de novembro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). 

 O alumnado beneficiario das máscaras será, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar (xa non teñen que presentar solicitude) e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúnan os requisitos:

- Pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6.000 € (ano 2019).

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Prazo para presentar as solicitudes: do 15 ao 26 de novembro de 2021

As solicitudes presentaranse unicamente no centro

 

Aquelas familias que non foran beneficiarias poderán descargar dende aquí a solicitude:

ANEXO I

ANEXO II

 

MAGOSTO E SAMAÍN

O venres 29 de outubro celebramos a festa do Magosto cunha merenda de outono á que nos convidou a ANPA.

Tamén celebramos o Samaín cunha exposición de cabazas.

>>PREME NA IMAXE PARA VER A EXPOSICIÓN<<

Documentos COVID- 19

Como ben sabedes, no centro mantemos as medidas sanitarias que se establecen no Protocolo de Adaptación ao Contexto Covid- 19 para este curso 2021- 2022. Polo que se fai necesario actualizar a documentación do centro referente ás novidades Covid. 

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID 2021- 2022

PLAN DE CONTINXENCIA 2021- 2022

PROGRAMACIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE NEDA

 

FICHA INSCRICIÓN

 

DATA: Empezou o 22 de setembro

Horario para inscrbirse: de luns a venres de 9:15h a 12:15h

LUGAR: Centro cívico do Concello

HORARIO DE ATENCIÓN AS FAMILIAS

A OFICINA DA ANPA (SITA NO PATIO CUBERTO DO CENTRO), ESTARÁ ABERTA  PARA AS FAMILIAS:

 

  TODOS OS LUNS EN HORARIO DE MAÑÁ: DE 8.45 a 10 h

FONDO LIBROS 2021-2022

AVISO

Comunícaselles a todos os solicitantes de fondo libros que están publicadas no taboeiro de anuncios do centro as listaxes definitivas co reparto de libros do fondo solidario. Tamén se poden consultar no taboeiro de anuncios da aula virtual.

Os libros se repartirán ao alumnado o primeiro día de escola, xunto coas normas de uso.

 

Feliz verán

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

A continuación están os listados de libros de texto por cursos: 

 

Listado libros de texto y material 2020-21 | Colegio Plurilingüe Mariano,  Vigo    1º Educación Primaria

    2º Educación Primaria

    3º Educación Primaria

    4º Educación Primaria

    5º Educación Primaria

    6ª Educación Primaria

 

Os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria son cursos EDIXGAL, non usan libros de texto só o cuadernillo de inglés.

SEGUIMOS CON BOAS NOVAS!

É un pracer comunicarvos que temos un gañador no centro! 

 

SAÚL VÁZQUEZ NIETO

 

Gañador do Nivel Medio do Escape Room: II Peregrinación Escolar do Camiño Inglés e Xacobeo 2021. A Fanpa Ferrolterra faralle entrega, no mes de xuño, dunha tarxeta regalo valorada en 200 euros.

NORABOA!

Obradoiros para as familias

Dentro do convenio conxunto aos concellos de Fene e Mugardos de Prevención de conductas adictivas, realizarase un Obradoiro dirixido ás familias con fillos/as sobre o acompañamento dixital. 

Esta actividade ten como finalidade acompañar ás familias na adquisición de competencias dixitais e á necesidade de afrontar os riscos que isto pode traer, e para iso se dotará de ferramentas e formación segundo as idades dos nenos/as.

Nos documentos adxuntos especifícase o tema a tratar en cada franxa de idade, a data e hora que se impartirán de forma dixital.

Distribuir contido