Saltar navegación.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Estimados pais/nais:

 Ven de publicarse no DOG a ORDE do 28 de novembro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). 

 O alumnado beneficiario das máscaras será, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar (xa non teñen que presentar solicitude) e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúnan os requisitos:

- Pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6.000 € (ano 2019).

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Prazo para presentar as solicitudes: do 15 ao 26 de novembro de 2021

As solicitudes presentaranse unicamente no centro

 

Aquelas familias que non foran beneficiarias poderán descargar dende aquí a solicitude:

ANEXO I

ANEXO II