Saltar navegación.

RESERVA DE PRAZA NO IES FERNANDO ESQUÍO PARA O CURSO 2024-2025

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro ábrese o prazo para a reserva de praza dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria que vaian cursar os seus estudos de ESO no centro adscrito ao noso, IES FERNANDO ESQUÍO.

Para facer reserva deben cumprimentar o anexo I (pódese descargar en galego ou castelán) e entregalo asinado no noso centro antes do 5 de febreiro.

                  Anexo I (Galego)

                  Anexo I (Castelán)

A solicitude tamén a poden cumprimentar de forma electrónica, a través da aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, no menú:

Solicitudes - Reserva - crear

E logo entregala no noso centro asinada. Ou asinala en sede electrónica para o que se precisa a Chave 365 ou un certificado dixital.

Se van cursar a ESO noutro centro terán que facer a solicitude de admisión nese centro, no prazo establecido para ese trámite (1 ao 20 de marzo).


 LEXISLACIÓN APLICABLE 

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Reparto de froita e leite na escola

De novo, neste curso 2023/24, participamos no programa Froita fresca e leite na escola. Esta iniciativa realízase en colaboración coa Consellería de Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

 

Consiste nunha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita e leite de forma habitual, ofrecendo de forma gratuíta ao alumnado produtos de tempada nos períodos de recreo.  Contaremos con financiamento para distribuír durante vinte períodos froita e cuarenta leite líquido, distribuídos ambos en dúas quendas.  

 

 

     

Visita de Papá Noel ao cole

 

 

O alumnado recibiu con ilusión a visita dun ser moi especial! Grazas á ANPA por facelo posible!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Informámosvos que dende a ANPA se propoñen as seguintes actividades extraescolares:

- Laboratorio de Arte.

- Xogos Populares.

- Baile Moderno. 

- Patíns.

- Multideporte.

- Inglés xogando. 

Necesitariamos que todos/as aqueles que estedes interesados nalgunha das actividades anteriores vos poñades en contacto con ADELA (ANPA), para facer un sondeo e poder formar grupos, ou ben chamando ao centro. 

Esperamos que sexan do voso agrado!

Distribuir contido