Actividade intercentros: O libro viaxeiro de Illa Fantasía.

Os nenos e nenas do noso cole particpamos na elaboración do libro viaxeiro de Illa Fantasía. Tamén participan a Escola de Canoedo, o CEIP Pedro Barrié de la Maza, o CEIP O Mosteirón, o CEIP Sofía Casanpova de Culleredo e o CEIP Vales Villamarín de Betanzos.

Clica na imaxe para a ver as páxinas que fixo o noso colexio

Aprendizaxe servizo: Quimións

Os nenos e nenas de 6º curso de Primaria levaron a cabo a actividade solidaria de apredizaxe-servizo “Quimións”, que consistiu na elaboración de fundas para os tratamentos de oncoloxía de nenos e nenas no Hospital Materno Infantil da Coruña.  Tamén colaboraron nesta actividade nais e avoas de alumnos e a Asociación de nais e pais do centro.

Clica na imaxe para ver as fotos desta actividade.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR, FONDO SOLIDARIO E BANCO DE LIBROS DA ANPA

No DOG do 22 de maio de 2017 publícase a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.

No curso 2017/2018 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na Educación Primaria.

Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na web do centro e no portal da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros   

Para acollerse será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as os/as fillos/as que estean escolarizados no centro. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 23 de xuño de 2017, inclusive. As solicitudes presentaranse no centro onde vaian cursar estudios os alumnos no vindeiro curso 2017-2018.

No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para 1º e 2º cursos de Educación Primaria:

-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400,00 euros: 170 euros

-Renda per cápita familiar superior a 5.400 ata 9.000,00 euros: 90 euros

Para os efectos de renda terse en conta o exercicio fiscal do ano 2015 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2015.

No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto.

A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.  De non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario para dar cobertura aos solicitantes en función da renda sinalada no caso das axudas para adquisición, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.

 Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. Para o alumnado que vaia cursar 3º e 5º de primaria o vindeiro curso, a ANPA conta con libros suficientes no seu Banco de libros. Ademais para aquelas familias que non se lles conceda libros a través do Fondo solidario en 4º e 6º cursos de Primaria (por superar os límites de renda) tamén hai libros da ANPA neses cursos que seguramente sexan suficientes. En breve a ANPA remitirá unha circular para explicar como acollerse ao Banco de libros.

Anexo I. Impreso de solicitude

Orde de Covocatoria

Celebramos o Día das Letras Galegas

Fixemos murais dedicados a Carlos Casares e á Galiña Azul, expuxemos os carteis que nos contan a súa biografía, participamos no programa de Convivencia coas pulseras solidarias da bandeira galega e cantamos todos xuntos o Rap de Carlos Casares.

Pica na imaxe para ver as fotos.

 

O rap de Carlos Casares

Sada lee: entrega de premios.

Ada Lucía Cardelle de 5º curso de Educación Primaria foi a gañadora do concurso “Sada lee” deste ano.

O concurso foi convocado pola Concellería de Educación do Concello de Sada e o traballo  sobre un libro de Harry Potter, presentado por Lucía, levou o primeiro premio que consistiu nun lote de libros para a gañadora e una tableta para o Colexio. Ademais, pola participación do centro, a Concelleira Raquel Bolaño fixo entrega dun lote de libros para a biblioteca.

Noraboa a Lucía e gracias polos agasallos recibidos.

Clicando na imaxe pódense ver as fotos.

 

Visitamos as Brañas de Sada e traballos realizados polos alumnos do centro.

Dentro do programa de elducación ambiental "Somos Biosfera 2017" os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizamos unha visita ás Brañas.

Traballos realizados polos alumnos do centro que se prentaron na gala final do programa de educación ambiental:

OS ANIMAIS DA FRAGA

FAUNA DAS BRAÑAS DE SADA

SOMOS BIOSFERA, SOMOS AUGA

SOMOS BIOSFERA, CONSERVEMOS AS BRAÑAS

Para ver a fotos da visita ás Brañas clicar sobre a imaxe.

 

Día do Libro: A curuxa Catuxa visita o noso cole

A mascota da biblioteca Suárez Picallo visitou o noso colexio animando a todos a visitar a biblioteca municipal polo Día do Libro.

Para ver as fotos da visita pica na imaxe.

 

Merendas saudables: Consumo de froita fresca.

Este ano iniciamos o consumo de froita fresca nos recreos dentro do Plan de Consumo de Froitas e Hortalizas nas Escolas.

Se queres máis información visita o noso blogue Merendas saudables.

Clica na imaxe para ver as fotos da actividade.

Distribuir contido