AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Publicada no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 mediante a que se aproba unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. 

O requisito é ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude. A Orde convocatoria atópase no taboleiro de anuncios do centro e facilítanse impresos de solicitude na conserxería. O prazo de presentación das solicitudes remata o 21 de novembro de 2015.

Orde de convocatoria
Solicitude Anexo I

Festa do Magosto

 

Magosto, Samaín e Halloween

Heroes animados

Os alumnos de 5º e 6º cursos de Educación Primaria visitaron a exposición "Heroes animados" que se atopa en Afundación na Coruña. Ademais realizaron varias curtametraxes utilizando a técnica "stop motion".
 
 

Circulares inicio de curso

Circular nº 1 Información ás familias.

Circular informativa da ANPA.

A ANPA convoca ás familias de 3º e 5º de primaria a unha reunión o luns día 14 ás 19:00 horas para tratar o tema do Banco de Libros.

Axudas para adquisición de material escolar

A información e instancia de solicitude (Anexo I) pódense consultar e descargar na web da Consellería picando aquí.

Unha copia da Orde atópase exposta no taboleiro de anuncios do centro e na conserxería facilitase a solicitude en papel.

Inicio do curso 2015-2016

As clases inicianse o vindeiro xoves 10 de setembro. Ese mesmo día tamén empeza a funcionar o servizo de comedor escolar.

Horario de secretaría:

Luns, mércorecores, xoves e venres de 9 a 9,55 horas. Os martes de 10:00 a 10:50 horas.

O luns día 7 de setembro ás 10:00 horas está convocada unha reunión coas familias dos alumnos de 4º curso de educación infantil (3 anos).

Comedor escolar 2015-2016. Resolución definitiva de admitidos.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA de alumnos admitidos para o curso 2015-2016 no servizo de comedor escolar
Resolución provisional de alumnos admitidos para o curso 2015-2016 no servizo de comedor escolar.
As familias dos comensais admitidos deberán entregar debidamente cuberto o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos antes do 10 de setembro de 2015. O modelo-impreso facilitase no centro ou pódese descargar desta páxina web.
Impreso de autodeclaración

Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2015-2016

Relación definitiva de libros de texto e materiais curriculares para o curso 2015-2016.

Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2015-2016

Circular fin de curso

Libros de texto.Segundo se informou do programa de axudas da Consellería de Educación para a adquisición de libros para 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, as solicitudes de axuda pódense presentar ata o 2 de xullo de 2015 na secretaría en horario de atención ao público.

Os vales das axudas para a adquisición dos libros, daquelas solicitudes recibidas ata do 26 de xuño, entregaranse ás familias o día 29 de 9 a 10 horas. Ás familias que presenten as solicitudes con posterioridade informaráselles no momento da entrega da solicitude a data de entrega dos vales.

Banco de libros de texto da ANPA.Infórmase que aquelas familias que recibiron libros de texto do banco de libros da ANPA que deberán proceder a devolvelos os días 17 e 18 de xuño. Os libros deixaranse nas aulas onde están escolarizados.

Venres 19: Despedida dos alumnos de 6º curso de primaria na Casa da Cultura. Temos programado un acto de despedida dos alumnos que rematan a educación primaria. Será o venres 19 de xuño na Casa da Cultura a partir das 12,30 horas. O acto será público e ao mesmo invítase ás familias do centro.

As clases rematarán venres día 19. Para as festas de despedida nas aulas pídese a colaboración das familias aportando unha pequena cantidade de comida. Para estas festas a Asociación de nais e pais As Mariñas aportará as bebidas. O horario do centro ese día será o habitual, de 9 a 14 horas.

Entrega dos boletíns informativos. O venres 19, entregaranse os boletíns informativos ás familias.

Servizo de comedor escolar. O prazo de solicitude de praza no comedor escolar para o vindeiro curso remata o mércores 17 de xuño. O listado de admitidos no servizo de comedor escolar estará exposto no taboleiro de anuncios e na web do centro a partir do 30 de xuño.

Lémbrase ás familias que teñan que pagar o servizo de comedor que se repartiran os recibos do mes de xuño o xoves 25 de xuño de 10 a 11 horas e que deben achegar ao centro xustificante de pago do recibo ata do 30 de xuño.

Inicio do curso 2015-2016. Está previsto que o inicio das clases sexa o día 10 de setembro de 2015.

 

Distribuir contido