RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2019-2020

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS FONDOLIBROS

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUIDOS FONDOLIBROS

Prazo de reclamacións: 2 días desde a publicación das listaxes.

Sada a 25 de xuño de 2019

IMPORTANTE: Na Resolución provisional adxudícanse os libros existentes no centro, recollidos aos alumnos que recibiron axudas en cursos anteriores.

Aos alumnos e alumnas que aparecen sen libros, ou que non reciben o total que lles corresponden, procederase a adxudicarlles libros na Resolución definitiva. O número de exemplares que se adxudicarán dependerá da renda familiar.

Cando se publique a resolución definitiva tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.

Despedida da promoción de 6º e de Luisa, a súa profesora.

O venres 21 de xuño fixemos despedida dos nenos e nenas que remataron 6º curso de Primaria. Houbo entrega de diplomas, discursos, vídeos e bailes de homanxe.

Con eles tamén se despediu Luisa, a súa profesora titora, despois de 17 anos no noso colexio. Desexámoslle o mellor nesta nova etapa da súa vida.

Foi un acto moi emotivo, cheo de lembranzas, abrazos e agasallos.

Imaxes do acto e da entrega de diplomas.

 Video de despedida dos nenos e nenas de 6º curso de Primaria realizado por Quique, pai de Irimia.

Vídeo de homenaxe a Luisa Ricoy realizado polas nais e pais dos seus alumnos.

Festival Fin de Curso 2018 2019

Entrega diplomas TEI

Hoxe realizamos o acto de entrega de diplomas aos titores TEI de 5º. A mesma foi realizado polo alcalde de Sada Benito Portela e o noso director Miguel Gayoso. Parabéns a todos/as titores/as pola labor realizado durante este curso.

Excursión a Taramundi

Os nenos e nenas de 5º e 6º cursos de Primaria fixemos unha excursión a Taramundi. Percorrimos unha fermosa ruta de sendeirismo ata os Teixois. Alí poidemos ver diferentes construcións que aproveitan a forza da auga para funcionar: unha ferrería, un muíño, o batán e un xerador de corrente eléctrica.

Exposición proxecto Illa Fantasía

Autoprotección escolar. Como actuar nun incendio.

Alberto, o pai de Helia, é bombeiro. Veu ao cole a explicarnos como evitar os incendios e como actuar no caso de que se produzan.

Vimos un vídeo explicativo das normas que debemos observar ante incendio. Trouxo un casco de bombeiro e una boca de mangueira.

Pasámolo moi ben e aprendemos moito.

 

Distribuir contido