Subvención do Concello de Sada

O Concello de Sada subvenciona con 3.000 € os gastos de transporte das saídas escolares, de reprografía e de adquisición de material diverso.

Convenio de colaboración entre o Concello  de Sada e o CEIP Sada y sus Contornos, para financiar saídas escolares, reprografía e material de oficina e escolar diverso segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2019.

Durante o ano 2019, os gastos de transporte ocasionados polas saídas escolares realizadas así como a reprografía e adquisición de diverso material escolar e de oficina, foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000 €.

O que se informa para o xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.

Magosto, Samaín e Halloween

Un ano máis o noso cole viviu unha xornada de celebración nas que as castañas e os disfraces foron os protagonistas. Ademais queimamos cadeas con todas as cousas que nos dan medo e que queriamos eliminar.

COMEDOR ESCOLAR 19-20 : RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO

O Concello de Sada rematado o prazo de presentación de solicitudes para a utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2019-2020 informou da admisión do seguinte alumnado:

Relación de admitidos no servizo de comedor escolar para o curso 2019-2020

Corrección de erros

 

PROXECTO MIS+: VISITA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL AO CENTRO

Para comezar o proxecto MIS+ (Máis que un museo da Igualdade en Sada y sus Contornos)  recibimos a visita de Andrea e Margarita, dúas representantes de Amnistía Internacional coas que realizamos un taller de prevención e  internalización da problemática de xénero. O obxectivo era fomentar o  pensamento crítico, a  reflexión sobre os seus propios valores e actitudes e, en definitiva, que a  modificación de  a súa conduta sexa de utilidade para previr os abusos contra os dereitos humanos, combater a discriminación, promover a igualdade e fomentar a participación desde temperá idade, con actos pequenos e cotiáns cara a unha sociedade máis xusta. Prestando especial atención a:

•Discriminación e violencia contra as mulleres.

•Estereotipos; orixes da discriminación.

O tratamento transversal desta problemática, ten como meta que o alumnado comprenda e asuma como natural, a través da propia práctica, que a igualdade de xénero é un dereito humano, comprometéndose na súa consecución.

Aquí podedes ver algunhas das imaxes deste día.

                          5º e 6º de EP                                           3º e 4º  de EP                                                    EI, 1º e 2º de EP

                

 

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA 2019-2020

Convocatoria de axudas económicas ás familias para atender aos gastos do comezo do curso escolar da Concellería de Educación do Concello de Sada.

Enlace á web municipal onde se atopa a información da convocatoria.

As actividades extraescolares comezaron no día de onte. Lémbrase ás familias que hai prazas dispoñibles. 

Oferta de actividades extraescolares da Asociación de Nais e Pais para o curso 2019-2020 e boletín de inscrición:

Educación Infantil.

Educación Primaria.

AXUDA PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2019-2020

O alumnado con necesidades educativas especiais  derivadas de discapacidade  ou trastorno grave de conduta e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais poderán ser beneficiarios de dita axuda.

Para acceder ao texto completo da convocatoria pinchar aquí.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección http://www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 26 de setembro de 2019, inclusive.

Para máis información sobre o procedemento para a súa solicitude pinchar aquí.

INICIO DO CURSO 2019 2020

As clases inicianse o mércores 11 de setembro ás 9 horas.

Horario de secretaría: De luns a venres de 9 a 9:45 horas.

O xoves,  5 de setembro ás 12:00 horas está convocada unha reunión coas familias dos alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos). Lembrar traer cuberto o álbum do verán.

 

COMEDOR ESCOLAR: NOTA INFORMATIVA E FORMULARIO PRE-SOLICITUDE

Durante estes meses o Concello realizou os trámites pertinentes para a posta en marcha do comedor escolar para o curso 2019/2020. 

Nestes momentos falta a aprobación por parte do Consello da Xunta, que en principio será o vindeiro 5 de setembro. En canto o trámite burocrático e administrativo estea solucionado, iniciarase o proceso de admisión de usuarios que realizará o Concello para comezar co servizo pero, dados estes prazos, ata ou inicio de outubro non será posible. 

De todos os xeitos, adiantamos que o custo aproximado do mesmo sería duns 3,5 euros por día, sempre que o comedor conte cun mínimo de 45 usuarios/as. O Concello de Sada garante a prestación do servizo de comedor aos usuarios interesados cun máximo de 50 prazas.

Coa fin de ter unha estimación dos usuarios deste servizo é necesario cubrir o seguinte formulario de pre-solicitude:

Formulario pre-solicitude comedor

 

Miguel Gayoso será o pregoeiro das Festas de Sada

O pregón das festas de San Roque de Sada deste ano será realizado polo que foi director do noso colexio ata o mes de xuño, Miguel Gayoso Barreiro.

A súa elección é un recoñecemento ao compromiso, ao labor realizado e á pegada que deixa no noso colexio despois de 22 anos, 17 deles como director.

Queremos convidar a todos os membros da nosa comunidade educativa a compartir e participar deste feliz acontecemento que terá lugar o xoves 15 de agosto ás 21:00 nos xardíns do paseo marítimo (detrás da Terraza).

Programa das Festas de Sada.

Un saúdo e felices festas.

Texto do pregón.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS. FORMULARIO PARA SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA

Xa se pode consultar a Resolución definitiva de Fondolibros:

FONDOLIBROS - LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS.

FONDOLIBROS - LISTAXE DEFINITIVA DE EXCLUIDOS.

BANCO DE LIBROS DA ANPA

Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCICIÓN DE NAIS E PAIS.

*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega.

Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.

LISTADO DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO

Distribuir contido