Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escolares, 1º Curso, 3º Curso, 6º Curso, Obradoiro das Letras, Medio Ambiente, Música, Ed. infantil, Inglés, Games, Good Job, Celebramos!, Recunchos, PALE, blog skills, Historias da nosa aula, O souto dos Laretas

Receita Arrepiante de Samaín

Que se celebra?  O SAMAÍN, palabra de orixe gaélica que ven a significar FIN DO VERÁN. Chega o frío, caen as follas, as noites son moi longas... Pero aínda está por vir a noite máis arrepiante do ano, a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. Chega o mes de Santos e as ánimas dos defuntos saen e vagan polos camiños e por iso non está de máis tallar unha caveira de colondro ou cabaza e colocala no valo da túa casa, nas encrucilladas e... por que non?, no cemiterio. Este ritual manterá alonxadas ás ánimas... uhhhhhhh!

Para poder sobrelevar tanta troula preparamos este ponche morno de cabaza, unha bebida reconstituínte e arrepiante, perfecta para vivir sen sobresaltos estas datas.

 Paso 1:  Necesitarás os seguintes ingredientes 

  • 2 colondros medianos baleiros
  • 3 l de zume de mazá
  • 2 l de zume de piña
  • 4 culleradiñas de zume de limón
  • 2 paus de canela
  • 3 mazás
  • 2 culleradiñas de cravos enteiros.

 Paso 2:  Baleira as cabazas. 

 Paso 3:  Fai boliñas de mazá. Forma pequenas bolas de mazá usando o mesmo utensilio que para facer as boliñas de melón

Coloca as boliñas de mazá nunha cunca

Dálles mais sabor ás mazás cravando en cada boliña un cravo no centro.


 Paso 4:  Mestura 

Engade o zume de mazá, o zume de piña, o zume de limón, as bolas de mazá, e os pauciños de canela. Remove e quenta durante uns poucos minutos a lume medio (non ten que ferver). Retira a pota do lume e deixa arrefriar.


 Paso 5:  Serve

Cando arrefríe un pouco, introduce o ponche dentro da cabaza baleira. Isto fará o teu ponche un chisquiño máis arrepiante.

BENVID@S Ó CURSO 2013 / 2014


OLA POETAS...!

Benvid@s  a un novo curso cheo de novidades.

 Este ano entre tod@s gozaremos de novas experiencias,

e comenzaremos unha nova viaxe na que adquiridedes novos coñecementos, conseguiredes acadar novas metas etamén   novas historias :

facendo e aprendendo

BICOSSSSSSSSSS

 María

CUMPLE GABRIEL

Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Free ecard customized with Smilebox

DE EXCURSIÓN A MARCELLE

Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

Este vídeo sobre Roberto Vidal Bolaño, gravámolo na festa das Letras Galegas. Hai un chisco de ruído de fondo, pero que lle queredes? Estabamos de celebración!

BLOGUE DE AULA de E. PRIMARIA

Blogue de aula dos alumn@s de 4º PRIMARIA do Ceip "Saco e Arce"

de Toén- Ourense.

 Trátase dun blog de aula que pretende ser un lugar para compartir, un lugar de reflexión e un lugar onde plasmar o día a día da nosa aula, todo iso sen esquecer o noso obxectivo principal:

APRENDER, CONVIVIR E COMPARTIR!

 

Preme na imaxe para acceder ao Blogue

 

webquest de linguas

AUTORRETRATOS PICASSIANOS

 

Na data  do 8 de  abril fixo 40 anos do falecemento do xenial PABLO PICASSO.  

 NÓS,  O 1º CICLO DE PRIMARIA QUIXEMOS HOMENAXEAR AO ARTISTA CUNHA LEMBRANZA DA SÚA PERSOA E DA SÚA OBRA . 

DISFRUTAMOS  DALGUNHAS PINTURAS DA SÚA ÉPOCA CUBISTA , E TAMÉN INTENTAMOS PLASMAR EN IMAXES, FIGURAS E CORES AS NOSAS IMPRESIÓNS... ASÍ FIXEMOS UN AUTORRETRATO MOI PICASSIANO! 

 

PROXECTO NUTRICIÓN

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut