Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Con C de CINE


o cine nas nosas aulas
Durante todo este curso , na nosa escola, facemos unha 
alianza firme co medio cinematográfico para explorar
e explotar didácticamente as suas posibilidades pedagóxicas.
Utilizamos o cine como recurso didáctico e como medio
de expresión de tod@s nós.
Esta é unha pequena mostra do noso traballo.

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

UNHA DATA PARA A REFLEXIÓN COMPARTIDA

A nosa escola apoia a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade,  a través da educación.

A nosa mascota EFREN tamén nos invita a tod@s a que a IGUALDADE  dende a infancia sexa un obxectivo prioritario e real.

 

ARCHIVO ADXUNTO. Convivencia

Enlace Bloguesquío: Actividades 25 novembro

INTRES DO OUTONO

UN SAMAÍN DE ALUCINE

 

 Imaxe relacionada

 

 Se queredes ver todo o que fixemos, premede AQUÍ:  

SAMAÍN DE ALUCINE

"EL ESCARABAJO VERDE" (Programa da TVE2)

 "LA ECONOMIA DEL FUEGO "

EDUCACIÓN AMBIENTAL

O DÍA 22 DE SETEMBRO  NA TVE2 , SAIU O PROGRAMA QUE GRAVARON NA NOSA ESCOLA. 

Os alumn@s saen a partires do minuto 24 (+ ou -)

 

Luces, cámara......e acción

 

Todos os anos, dende a Biblioteca Escolar, proponse un Proxecto Documental  no que participa todo o centro.

É a mellor maneira de que @s alumn@s aprendan a investigar, a empregar as novas tecnoloxías  e a reelaborar a información obtida.

ESTE CURSO O PROXECTO VAI SOBRE O CINE. MÁIS INFORMACIÓN NO BLOGUESQUÍO.

 

 

NOVAS CURSO 2017/ 2018

                                                    

Resultado de imaxes para calendario escolar 2017/18 GALICIAINFORMACIÓN :

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017 / 18

 LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2017/18

 

 

  

Resultado de imaxes para libros gif

 

 

 LIBROS DE TEXTO 

Curso: 2017/18

  • A lista de libros (Cursos : 1º e 2º) e material escolar será entregado polos titores na 1º semana de setembro.

  • A lista de libros  pódese consultar na nosa web ou no taboleiro do centro.

  • Lote de libros ou libros en préstamo (Cursos: 3º,4º, 5º e 6º) e material escolar será entregado polos titores na 1º semana de setembro.

      Boas   vacacións para tod@s

O CLAUSTRO DE MESTRES

NORMATIVACONVOCATORIA AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Revista Cataventos

  

Sae un novo nº da Revista Escolar Cataventos

Portada-> Lúa de 6º curso. Temática: Importancia das mulleres na ciencia.

Contraportada ->  Candela, Gabriel, Joel e Sofía, alumnos/as de 5º e 6º. Temática:  robótica.

Como este ano o tema do proxecto documental é “Investigando: tolos pola ciencia”, escribimos noticias que detallan numerosas experiencias e  investigacións relativas á astronomía, á química, á física, á arqueoloxía, á zooloxía, á robótica e ao desenvolvemento sostible que son as ramas da ciencia que representa cada clase.

 

LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Aberto o prazo para pedir axudas para comprar libros de texto ou acceder ao fondo solidario

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar.

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18

Prazo para presentar solicitudes

 

  •  O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 23 de maio e rematará o día 23 de xuño de 2017.

Orde do 16 de maio de 2017

Solicitude (Anexo I)

LETRAS GALEGAS 2017

 

Resultado de imagen de letras galegas 2017

 

CARTEL DAS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL 

 

vindeiro martes, día 16 de Maio, a partir das 11:00h,  celebraremos a tradicional Romaría das Letras Galegas , na que haberá música, baile e teatro para tod@s,e como xa é costume no noso centro viremos tod@s vestidos acorde coa festa.

Estades tod@s convidad@s e sería bo que acudirades vestidos de forma tradicional.

Despois tod@s compartiremos uns pinchos e uns doces. Agardamos a vosa participación.

A escola permanecerá aberta ata as catro, funcionando os autobuses con normalidade. Todas as familias que desexen levar aos seus fillos antes , deberán avisar ao titor/a  e asinar no rexistro de saídas.

                                                          

 

Distribuir contido


by Dr. Radut