Sae un novo nº da Revista Escolar Cataventos.
Portada-> Lúa de 6º curso. Temática: Importancia das mulleres na ciencia.
Contraportada -> Candela, Gabriel, Joel e Sofía, alumnos/as de 5º e 6º. Temática: robótica.
Como este ano o tema do proxecto documental é “Investigando: tolos pola ciencia”, escribimos noticias que detallan numerosas experiencias e investigacións relativas á astronomía, á química, á física, á arqueoloxía, á zooloxía, á robótica e ao desenvolvemento sostible que son as ramas da ciencia que representa cada clase.