Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

webquest: Vivamos como Barbanzóns

Entre viñetas é o proxecto documental que estamos a desenvolver este curso no cole. A nosa clase escolleu a banda deseñada de  OS BARBANZÓNS. Queremos coñecer a etapa histórica na que viviron para saber máis dos seus costumes e tradicións.

Con esta webquest faremos unha viaxe ao pasado para saber máis sobre os castrexos, os habitantes dos castros, pobos amurados que habitaban Galicia desde finais da Idade de Bronce e durante a Idade de Ferro.


Os Barbanzóns, son unha familia que vive no castro de Baroña, un dos castros costeiros máis importantes de Galicia. Constitúen unha pequena tribo formada por Tara, Con, Bre, Lerankos, Guinness, Bar e os pequenos Son, Baal, Minu, sen esquecer o oso de nome Banza.

No bloguesquío atoparás máis información sobre o proxecto

Souto dos Laretas



page | by Dr. Radut