Dando a Lata pola Paz
Este curso a nosa mensaxe de PAZ resoou a ritmo de latucada. Uníndonos ao proxecto ”Latas pola Paz”, unha iniciativa da ONG malagueña Admundi.
Regalamos contos de Paz: os axudantes de biblioteca traballaron como contacontos durante este mes, preparando contos e contándollos, na biblioteca, aos compañeir@s
Para ler máis Visita Bloguesquío, o blog da biblioteca
No ámbito Artístico musical:
Decoramos latas.
As técnicas empregadas foron moi variadas, cada cal máis creativa. Pintadas, pegando papel, con plastilina, con papel adhesivo, etc.
Adaptamos a canción O Mundo é Grande de Mamá Cabra ao tema do proxecto: A volta ao Mundo con Efrén
Escribimos unha nova estrofa da canción ROCK SEN GUERRA, o noso himno á Paz, esta é a nova estrofa:
A nosa viaxe vai comezar
Unha volta ao mundo imos dar.
Enche a maleta de ilusión e paz
Súbete a bordo vai ser xenial!
Segue o ritmo e canta.
Ven a dar a lata
Dando a lata. Voces e latas resoaron pola paz e tamén disfrutamos dunha sesión de xogos colaborativos.
No ámbito periodístico:
Escribimos artigos periodísticos de temática solidaria e sensibilidade social e publicamos a 3º edición do suplemento Reporteiros pola paz.