Exposición de Cogomelos
Teño que recoñecer que a micoloxía non é o meu, así que para achegarlle aos rapaces información veraz e segura, sempre recurro a Sara, a axudante de cociña do cole que é unha boa coñecedora do tema.
Nunha primeira fase, Sara formou aos guías, é dicir, transmitiulle información e curiosidades sobre os cogomelos aos rapaces que serían os encargados de mostrarlle a exposición ao resto de compañeiros do centro.
|
Todos os anos por estas datas, Sara énchese de paciencia e transmítenos un montón de coñecementos sobre os cogomelos, cales son apreciados, os que non, os que son tóxicos e incluso mortais. Rematou esta primeira semana de Santos, con esta preciosa exposición que nos trouxo de setas con cadanseu nome, nivel de perigosidade, cogomelos comestibles e cunha mostra da vexetación onde é máis probable atopalas.
Cada cogomelo con cadanseu nome e hábitat: En carballeiras, piñeirais, nos lameiros, ou debaixo dos érbedos... | Adrián e Cristian coñecen o nome de case todas as amanitas, é sorprendente! |
Todo o cole pasou a ver a exposición que sempre tiña supervisión dalgún mestre, xa que había varias amanitas tóxicas e/ou perigosas. PROHIBIDO TOCAR!!!! | Os rapaces de 5º e 6º fan de guías durante a visita dos alumn@s de infantil de 4 e 5 anos. |
Alex Gómez, xa todo un experto no reino dos fungos, foi o encargado de mostrarlles a exposición aos alumn@s de 2º EP. Engadiu información científica:
|
Trala exposición os alumn@s recolleron toda a información aportada coa que editamos este caderno.
COÑECENDO OS COGOMELOS DO CONCELLO DE TOÉN