Curso 2022-2023
Día do libro
O 21 de abril celebramos o día do libro cunha actividade moi bonita na que outros compañeiros do cole contáronnos contos e intercambiamos a noso marcapáxinas personalizado con eles.
Deixamos aquí as fotos de ese día máis na páxina principal da web do cole un vídeo desa actividade.
VISITA A GADIS
Despois de levar unhas semanas traballando a alimentación e como funcionan os supermercados en clase, o 8 de marzo fomos de visita ao Gadis de Porta Nova onde nos explicaron todo o traballo que se realiza, as distintas zonas e cal é a mellor alimentación.
Tivemos un agasallo para todos e ao día seguinte chegounos a clase unha sorpresa... o prato de Gadis!
Entroido de puntiños

O inverno na nosa clase
No que levamos de trimestre descubrimos entre todas e todos unha chea de cousas sobre o inverno e algunhas delas experimentámolas coas nosas mans.
Ademais no mes de febreiro tivemos a sorte de gozar dunha obra de teatro no cole.
Deixámosvos por aquí algunhas fotos.