Zongalo Quririco publicou as imaxes desta visita no blogue da biblioteca ao que se pode acceder desde aquí ou desde a seguinte foto.
Zongalo Quririco publicou as imaxes desta visita no blogue da biblioteca ao que se pode acceder desde aquí ou desde a seguinte foto.
O venres 3 de maio os nenos e nenas de Educación Infantil coñeceron a Icía e Salterio que, sen querer, estragaron a caixa de música de Calderón (un vello músico que toca na praza) e tamén a Anacruso e Arpexio.
Un espectáculo protagonizado por marionetas e acompañado por música en directo que tivo lugar no auditorio do centro sociocultural de novacaixagalicia do Cantón.
E foi unha saída moi especial para o alumnado de 3 anos, pois segundo comentaron algúns: IMOS DE EXCURSIÓN ... E ... IMOS CAMIÑANDO!
Os nenos e nenas de 5 anos publican o seu periódico: O Diario de Recimil.
Atoparedes noticias do Entroido, de teatro, excursións, deportes... E tamén hai pasatempos!
Botállede unha ollada e comprobarédelo!
O 6 de marzo a porta de 4 anos A negouse a abrir e non quedou máis remedio que chamar aos bombeiros. E como o conseguiron? Pois entrando desde o exterior do centro por unha das ventás da aula.
O alumnado de 4 anos foi testemuña de todo este proceso e, unha vez aberta a porta, viron o camión dos bombeiros e escoitaron a súa sirena.
Premendo na seguinte imaxe pódense ver as fotos.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |