O 30 de maio visitamos a Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, acompañados/as por algunhas familias.
Comprobamos a forza que ten o vento.
No seguinte vídeo podedes ver que o pasamos moi ben.
O 30 de maio visitamos a Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, acompañados/as por algunhas familias.
Comprobamos a forza que ten o vento.
No seguinte vídeo podedes ver que o pasamos moi ben.
O mércores 27 de marzo os nenos/as de 6º e 5º de EI viaxaron a Fene onde visitaron o Parque de Educación Viaria e o Museo do Humor.
O mércores anterior (20 de marzo) xa fixeran tamén esta visita os alumnos/as de 5º EP.
Ao alumnado de 5º EI gustoulles moito a exposición "MULLERES QUE FIXERON HISTORIA" que tivemos no centro na semana do 8 ao 15 de marzo. Sacaron fotos coas catro que máis lles gustaron:
Ángela Ruiz Robles (mestra, escritora e inventora. Foi directora do noso colexio).
Jane Goodall (primatóloga, experta en chimpancés).
Malala Yousafzai (Premio Nobel da Paz en 2014).
Vladímirovna Tereshkova (a primeira muller que viaxou ao espazo).
O grupo de catro anos participamos nunha sesión na aula de Ecoloxía Urbana. Apredemos moitas cousas sobre os animáis e fixemos uns traballos preciosos.
O pasado venres, 19 de outubro, os grupos de 5º e 6º de Educación Infantil acudiron ao centro cultural Torrente Ballester a presenciar a estrea da obra "Timi contra o vento". A obra forma parte do programa FESTEA organizado polo Concello de Ferrol.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |