Skip to Content

Curso 2013-14

EDUCACIÓN INFANTIL INVITA AO COLE A PEQUENOS ANIMAIS

Durante o mes de maio dedicamos, nas aulas de 5º de Educación Infantil, unhas sesións a traballar os pequenos animais. Algúns nenos/as trouxeron distintos animais para observalos: un hámster, un peixe, un grilo, vermes de seda, un caracol, un paxaro e un coello.

E sobre os animais tamén xirou o proxecto de traballo do alumnado de 6º de EI durante os meses de maio e xuño. Un dos nosos compañeiros trouxo un poliño que estivo "de viaxe" por todas as aulas. E ata puidemos telo nas nosas mans!

Facendo clic na seguinte imaxe poderase comprobar o guapiños que saíron estas pequenas criaturas.

VISITA A EXPONAV - 5º EI

Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Infantil visitamos EXPONAV o venres día 16 de maio de 2014. Alí contáronnos cousas sobre os barcos, as súas partes e a súa construción. Tamén observamos maquetas e distintos tipos de barcos en miniatura e tamaño real e outras cousas interesantes. Rematamos a visita cun obradoiro de pintura onde coloreamos as partes dun barco.

 

 

 

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O 9 de maio o alumnado de 6º de EI realizou unha visita guiada ao MUSEO DE HISTORIA NATURAL que a Sociedade Galega de Historial Natural ten en Canido.

Web do Museo de Historia Natural

VISITA A CORREOS

O martes 8 de abril, os nenos e nenas de 6º de EDUCACIÓN INFANTIL realizamos unha visita guiada a CORREOS. E despois fomos botar as nosas cartas á caixa do correo que temos máis preto do cole.

 Podedes acceder desde a seguinte imaxe a unha mostra da nosa visita.

5º EDUCACIÓN INFANTIL: VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL

O mércores 20 de novembro os nenos e nenas de 4 anos visitamos a BIBLIOTECA MUNICIPAL.

Estivemos na sala infantil onde nos contaron un conto e botamos unha ollada aos libros que máis nos gustaban.

E tamén nos explicaron que podemos facernos socios e así poder levar prestados ata tres libros e tres películas para ler e ver na casa.

VISITA ÁS "MENINAS DE CANIDO" (6º EI)

A pintura en xeral e o cadro "Las Meninas" en particular, é o proxecto de aprendizaxe que se está a desenvolver nas dúas aulas de 6º de Ed. Infantil durante este trimestre. E non podía faltar a visita ás "Meninas de Canido", (mércores 30 de outubro) unha acción promovida polo pintor ferrolán Eduardo Hermida e que conta coa colaboración de varios artistas.

Esta idea nace con carácter reivindicativo á vista do estado de abandono no que se atopan moitas casas no barrio de Canido. Píntanse Meninas nas fachadas destas casas e pouco a pouco as rúas e prazas do barrio vanse convertendo en espazos de arte.

Distribuir contido


by Dr. Radut