Skip to Content

Curso 2015-16

PROXECTO EI: AS PLANTAS

Os nenos e nenas de 4° de Educación Infantil estamos coñecendo moitos nomes de plantas. Trouxemos da casa algunhas para que as viran os nosos compañeiros/as: "begonia", "orella de elefante", "fitonia", "alegría", a "planta da fresa" cunhas fresas que probamos. Ademais cubrimos unha ficha na casa coa axuda da nosa familia. Vimos unhas lentellas e unhas fabas que xerminaron nun bote cun algodón húmido.

 

Regaláronnos unhas "calas" e unha "ave do paraíso" que nos pareceu moi curiosa e grande. Introducimos en macetas uns "liriums" que nos trouxo a profe. Observamos como medraron e agora teñen flores. Todos os que entran na aula preguntan que son e din que son preciosas. Botamos unhas sementes de "caléndula" nun vaso de iogur que trouxemos da casa. A ver que pasa...!

TEATRO NO JOFRE - EDUCACIÓN INFANTIL

 Asistencia de todo o alumnado de EI ao teatro Jofre o xoves 12 de maio.

Para nós, os nenos e nenas da aula de 3 anos, foi a primeira vez que fomos camiñando.

 Á volta do teatro viñamos un pouco cansos pero a profe dixo que nos estabamos portando moi ben. O espectáculo chamábase “Feo”.

 Gustounos moito cando saían dunha máquina parrulos de moitas cores.

 

VISITA EXPOSICIÓN DAS ABELLAS E O MEL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os alumnos de 4 anos visitamos o 1 de abril unha exposición sobre as abellas e o mel.

 

Antes da visita vimos na clase vídeos sobre a polinización das abellas, observamos flores e tocamos o seu pole.

 

Na visita aprendemos moito sobre as abellas: as colmeas, o tipo de abellas, a súa importancia para a polinización das flores, os produtos das abellas...Tamén probamos o mel.

 

 

 

 

 

VISITA A CORREOS

Como estamos estudando os medios de comunicación, os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha visita guiada ao edificio de Correos. Alí unha empregada das oficinas ensinounos como é todo o proceso de recepción, clasificación e reparto dos paquetes e cartas que se envían e se reciben na nosa cidade. Ela axudounos a escribir unha postal para o CEIP Recimil, metela no buzón, recollela e clasificala na taquilla correspondente, para que o carteiro a entregara ao día seguinte no cole. Tamén vimos os buzóns dos apartados de correos.

Na entrada principal do edificio hai unha gran porta xiratoria, todos os nenos e nenas pasamos por ela e foi moi divertido.

Na clase escribimos cartas aos compañeiros e metémolas no buzón, como actividade para completar esta interesante visita.

VISITA MUSEO FERROCARRIL

O alumnado de 4 anos visitamos o 3 de marzo a exposición:

As xentes do tren.

 O que máis nos gustou da exposición foi:

_Os trenes movéndose nas maquetas.

_O tren grande que estaba protexido cun cristal.

_Cando nos deron os folletos.

TRABALLAMOS CO NOME: 4º E.I.

Recoñecemos o nome a través de distintas actividades: buscamos o noso nome no encerado magnético e tamén en papel. Escollemos a nosa inicial, repasámola co dedo, pegámola, ... 

APRENDEMOS COA AUGA

Os nenos e nenas de 5 anos disfrutamos moito facendo experimentos coa auga.

Aprendemos por que flotan algúns obxectos, fixemos disolucións, e para explicar o ciclo da auga, fabricamos chuvia dentro da aula.

Cando lle cambiamos a cor, o sabor e o olor, tinximos a auga de cores e todos bebemos auga vermella. Foi moi raro! 

Tamén puxemos caraveis brancos en vasos con auga de cores e cambiaron a súa cor.

O máis divertido de todo foi saír ao patio e facer pompas con xabón!

 

VISITA A AQUACIENCIA DE 6º E.I.

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estamos a aprender moitas cousas sobre a auga. Por iso fixemos unha visita guiada ao recinto de Aquaciencia situado no parque Raíña Sofía. Alí aprendimos que coa auga se poden facer cousas interesantes, como fabricar reloxos, xerar electricidade, poñer a funcionar un muíño ou mover cousas moi pesadas. O que máis nos gustou foi montar no transbordador e facer xirar a enorme bóla de granito. Tamén foi divertido ver os pavos reais e aprender cousas deles. Pasámolo moi ben!

VISITA A "ALCAMPO" - 5º EI

O mércores 28 de outubro o alumnado de 5º de Educación Infantil fomos de visita a ALCAMPO.

Araceli ensinounos todo o hipermercado:

   -  Vimos a comida e aprendemos como se mercaba.

  -   Entramos no almacén, na panadería e na carnicería.

   -  Na cafetería invitáronnos a zume e churros.

Regaláronnos un recordo e unha foto de todo o grupo.

Estamos MOI AGRADECIDOS polo trato recibido.

4° EI: CANTAS COUSAS APRENDEMOS!

Rematado o período de adaptación, os nenos e nenas de 3 anos empezamos a facer cousas de "maiores": poñemos o mandilón e tamén o abotoamos e o desabotoamos, facemos un "tren", atendemos á profe cando conta un conto, coloreamos, xogamos con "plasti", usamos o lapis, etc. Tamén o pasamos moi ben xogando cos compañeiros/as, cantando, no patio, no momento de relaxación...

Poderedes comprobalo visitando a galería se premedes na seguinte imaxe!

Hai máis fotos e só tedes que facer clic nelas para velas ampliadas

Distribuir contido


by Dr. Radut