Skip to Content

Curso 2022-2023

O inverno na nosa clase

No que levamos de trimestre descubrimos entre todas e todos unha chea de cousas sobre o inverno e algunhas delas experimentámolas coas nosas mans.

Ademais no mes de febreiro tivemos a sorte de gozar dunha obra de teatro no cole.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos.

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Inverno en infantil

Excursión a Afundación

O pasado 10 de xaneiro os peques do cole fomos de visita a Afundación, onde tivemos que atopar unhas pistas para resolver unha misión. Tamén descubrimos como eran os barcos e construimos os nosos propios.

 

Deixamos por aquí algunhas fotos dese día. Pasámolo moi ben!

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Afundación Xaneiro (Infantil e 1º EP)

VISITA DOS REIS MAGOS

E para rematar o trimestre... a visita dos REIS MAGOS!

Os Reis tiñan preparados uns agasallos para nós e lles pedimos unha sorpresa para a nosa aula.

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Visita Reis Magos

VISITA DE PAPÁ NOEL

O mércores 21 tivemos unha gran sorpresa no cole... PAPÁ NOEL!

Todas e todos démoslle a nosa carta que preparamos días antes pedíndolle un agasallo para a nosa clase.

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Visita Papá Noel

NADAL EN INFANTIL

Durante o mes de decembro coñecimos moitas cousas sobre o nadal, xogamos a moitos xogos e decoramos a porta da nosa clase. Deixámosvos unha fotos para que o poidades ver.

 

BO NADAL!

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Decembro en Infantil

ANIVERSARIOS DECEMBRO

En este mes de decembro Sofía cumpriu 4 anos e Nicole 5 anos polo que fixemos unhas grandes festas na clase para celebralo. Pásamolo moi ben todos xuntos e quedamos coas barrigas ben cheas!

Parabéns e bo nadal!

 

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Aniversarios Decembro (infantil)

Excursión a Exponav

As nenas e nenos de educación infantil e 1º de EP fomos visitar o museo naval e fixemos unha caza do tesouro pirata coa axuda da pirata Arantxa. Con ela descubrimos varias pezas do museo resolvendo pistas para atopar o tesouro pirata e... conseguímolo!

De camiño fixemos unha parada para merendar e ver o nadal no Cantón de Molíns.

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Exponav (Infantil e 1º EP)

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

A nosa compi Alba estivo de aniversario no mes de novembro e fixemos unha gran festa con biscoito para celebrar os seus 5 anos.

Parabéns!

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Aniversarios Novembro (Infantil)

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Comezamos o outono con varias festas na clase, Gael cumpriu 4 anos e Alejandra 5 anos.

Celebrámolo cuns biscoitos moi ricos e moita festa!

Moitos parabéns!

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Aniversarios Outubro (Infantil)

CHEGOU O OUTONO A INFANTIL!

Coa chegada do outono, comezamos a investigar e descubrir unha chea de cousas desta estación. Primeiro decoramos entre tod@s a porta da clase coas cores do outono e tamén a porta de fóra con follas.

Pouco a pouco foron aparecendo froitas e froitos de outono como cabazas, figos, unha granada, noces, améndoas, abelás, castañas… probámolo todo e estaba moi rico!

E o mellor de todo é que quedan moitas cousas por descubrir.

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Chegou o outono a infantil
Distribuir contido


by Dr. Radut